Atrás

Industria convoca 30 millóns de euros a proxectos estratéxicos para a transición industrial do sector farmacéutico e produtos sanitarios

Atrás
24/05/2023

Industria convoca 30 millóns de euros a proxectos estratéxicos para a transición industrial do sector farmacéutico e produtos sanitarios

O Boletín Oficial do Estado publicou o 24 de maio o anuncio da convocatoria de axudas a proxectos estratéxicos para a transición industrial do sector farmacéutico e do sector de produtos sanitarios dotado con 30 millóns de euros (15 millóns como préstamos e 15 millóns en forma de subvención). Esta convocatoria está orientada ó texido industrial no marco do PERTE Salud de Vanguardia, formando parte do PRTR. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 31 de maio de 2023 e finalizará o 29 de xuño de 2023. Con esta liña apóianse proxectos de I+D+i así como actuacións enfocadas á sustentabilidade a través da mellora da eficiencia enerxética e a economía circular en liña co “Green Deal” da Unión Europea. O financiamento total a conceder será como máximo do 80% do orzamento financiable. As axudas serán en forma de préstamo reembolsable, en forma de subvención ou nunha combinación de ambos.