Estás en:
Industria publica a asignación de axudas públicas dos proxectos da primeira convocatoria do PERTE VEC cun investimento público de 877,2 millóns de euros
Industria publica a asignación de axudas públicas dos proxectos da primeira convocatoria do PERTE VEC cun investimento público de 877,2 millóns de euros
O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo publicou o reparto dos 877,2 millóns de euros en axudas públicas que recolle a resolución definitiva da primeira convocatoria do PERTE do vehículo eléctrico e conectado que corresponde aos 10 proxectos que foron beneficiarios. Esos 877,2 millóns superan en casi 300 millóns os recollidos na resolución provisional e mobilizará investimentos por valor de 2.250 millóns de euros no sector. Ningunha entidade galega resultou beneficiaria. A distribución da asignación por proxectos queda da seguinte maneira:
No PERTE_VEC están presentes a maioría de grandes marcas do sector da automoción en España e os proxectos distribúense xeográficamente por todo o territorio peninsular. Os proxectos tratores presentados por GLOBAL GABES, S.L.U. e RIEJU, S.A. foron desestimados por non cumprir os requisitos esixidos na convocatoria. A partir de agora as empresas adxudicatarias terán que presentar os avais esixidos estando previsto que comezen a recibir o diñeiro antes de fin de ano. Con carácter xeral, adiantaríase o 90% do importe total da axuda concedida a cada beneficiario. Unha vez rematada a primeira convocatoria desta línea de apoio á cadea de valor industrial, darase continuidade a través dunha nova convocatoria para ofrecer unha continuidade no apoio que necesita o sector para abordar a electrificación con éxito.