Atrás

Industria publica a primeira convocatoria do PERTE de Descarbonización Industrial

Atrás
28/12/2023

Industria publica a primeira convocatoria do PERTE de Descarbonización Industrial

O Ministerio de Industria e Turismo publicou o extracto da orde de bases e a primeira convocatoria do PERTE para a Descarbonización Industrial correspondente á liña de actuación integral para a descarbonización da industria manufactureira. Esta convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva, está dotada con 1.000 millóns de euros, dos cales 500 millóns concederánse en forma de subvención e outros 500 millóns en forma de préstamo, dos que as Sociedades Mercantís, tanto estatais como privadas, poderán ser beneficiarias, que realicen unha actividade industrial e que executen proxectos que descarbonicen a instalación industrial. Estas empresas poderán solicitar de forma individual ou agrupada con outras empresas industriais, empresas provedoras de coñecemento ou empresas de servizos enerxéticos sempre que contribúan á descarbonización da instalación industrial. Os ámbitos de actuación desta liña de axudas son: a redución de emisións directas da instalación industrial, dirixida á descarbonización das fontes de enerxía, a xestión integral enerxética dos procesos industriais, a descarbonización por reducción de recursos naturais ou a captación, almacenamento e uso de carbono; a mellora substancial da eficiencia enerxética polo aforro de enerxía eléctrica; instalacións de enerxías renovables para o autoconsumo nos procesos produtivos da instalación industrial e I+D+i para promover a descarbonización da instalación industrial. O prazo de presentación de solicitudes será entre o 24 de xaneiro de 2024 e o 17 de abril de 2024.