Atrás

MINCOTUR publicou a proposta de resolución provisional das axudas da sección B do PERTE VEC (10 primeiros proxectos)

Atrás
22/02/2024

MINCOTUR publicou a proposta de resolución provisional das axudas da sección B do PERTE VEC (10 primeiros proxectos)

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo publicou o 22 de febreiro de 2024, a través da Dirección Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa, a proposta de resolución provisional das axudas a Plans de inversión da sección B do vehículo eléctrico, convocatoria enmarcada no PERTE VEC.

Segundo a convocatoria publicada o 24 de xullo de 2023, a dotación inicial era de 559.669.829 €. Sen embargo, incorporaron os fondos non consumidos da Sección A do PERTE VEC (227 millóns de €) sendo o orzamento total finalmente asignado a esta convocatoria de 786.669.829 €. Seleccionaron de forma provisional os primeiros 10 proxectos, sendo o importe total concedido de 166.280.877 € (un 21,13 % do total orzamentado), 127.716.963 € en forma de subvención e 38.563.914 € en forma de préstamo. Quedando así máis dun 75 % dos fondos asignados á convocatoria pendentes de conceder. Entre os primeiros beneficiarios publicados non hai entidades galegas, e ningunha actuación se leva a cabo en Galicia.

En calquer caso, desde o Ministerio subliñaron nos últimos días que nas próximas semanas continuarán avaliando o resto das solicitudes presentadas nesta convocatoria do PERTE VEC II B ata esgotar a dotación prevista. Nesta convocatoria, presentáronse 138 solicitudes de axuda.

A distribución xeográfica dos 10 proxectos seleccionados para a axuda é a seguinte:

 

PERTE VEC - SECCIÓN B

 

Nº Proxectos

Total concedido subvención

Total concedido préstamo

Total concedido

%Sobre o concedido

País Vasco

6

120.278.260 €

35.352.369 €

155.630.629 €

93,60%

Cataluña

3

5.845.704 €

1.997.964 €

7.843.668 €

4,72%

Castilla y León

1

1.592.999 €

1.213.581 €

2.806.580 €

1,69%

Andalucía

 

 

 

0

0,00%

Aragón

 

 

 

0

0,00%

Principado de Asturias

 

 

 

0

0,00%

Cantabria

 

 

 

0

0,00%

Castilla-La Mancha

 

 

 

0

0,00%

Extremadura

 

 

 

0

0,00%

Galicia

 

 

 

0

0,00%

Islas Baleares 

 

 

 

0

0,00%

Islas Canarias

 

 

 

0

0,00%

La Rioja

 

 

 

0

0,00%

Madrid

 

 

 

0

0,00%

Murcia

 

 

 

0

0,00%

Navarra

 

 

 

0

0,00%

Valencia

 

 

 

0

0,00%

Total

10

127.716.963 €

38.563.914 €

166.280.877 €

 

País Vasco é a comunidade que acaparou case a totalidade de axudas estimadas ata agora (120.278.260 €) entre 6 proxectos. Seguida por Cataluña, que con tres proxectos obtén 7.843.668 €. E pecha de momento a lista Castilla y León, que cun único proxecto lle concederon 2.806.580 €.