Estás en:
Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable resolveu de forma definitiva a 3ª convocatoria de subvencións do Eco-incentivo para o impulso do transporte marítimo de mercadorías
Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable resolveu de forma definitiva a 3ª convocatoria de subvencións do Eco-incentivo para o impulso do transporte marítimo de mercadorías
O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable publicou o 25 de xuño de 2026 a resolución definitiva das axudas da terceira convocatoria do programa de eco-incentivos ao transporte marítimo de mercadorías baseado no mérito ambiental e socioeconómico, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).
Segundo a convocatoria, publicada o 29 de abril de 2024, cuxo prazo de presentación de solicitudes rematou o 2 de xuño de 2025, o orzamento máximo establecíase en 20.000.000€. O 26 de marzo de 2026 publicouse a proposta de resolución provisional, na que foran seleccionados 28 beneficiarios, aos que se lles concedera un total de 9.626.807€ (o 48,13% do total orzamentado).
O 25 de xuño de 2026 publicouse a proposta de resolución definitiva, na que foron seleccionadas 32 entidades, ás que se lles concedeu un total de 11.880.977,76 € (o 59,40% do total orzado). A principal diferenza entre ambas as resolucións radica na admisión das axudas solicitadas polas empresas LOGÍSTICAS GOYANES, S.L., F.LLI DI MARTINO S.P.A., SCANFOR B.V.B.A. e PAÑALÓN MULTIMODAL, S.A., que inicialmente foran desestimadas.
Entre os beneficiarios, existen 5 entidades cuxas actuacións se van levar a cabo en Galicia, que obtiveron un total de 1.096.775 €, o que representa o 9,23 % do importe total resolto a nivel estatal. A desagregación dos beneficiarios galegos é a seguinte:
| Beneficiario | Importe total concedido (€) |
|---|---|
| TRASPAIS ATLANTICO S.A. | 30.705 |
| LOGISTICAS GOYANES, SL | 858 |
| STELLANTIS ESPAÑA, SL | 189.750 |
| LKW WALTER INTERNATIONAL TRANSPORT, AG* | 839.397 |
| EWALS CARGO CARE, BV** | 36.065 |
| Importe total concedido | 1.096.775 |
*LKW WALTER INTERNATIONAL TRANSPORT AG ha obtenido un total de 3.357.588,67 € para actuaciones en los puertos de Vigo, Barcelona, Valencia y Santander (se estima 839.397€ para Vigo).
**EWALS CARGO CARE, BV ha obtenido un total de 108.195,40 € para actuaciones en los puertos de Vigo, Bilbao y Santander (se estima 36.065,13€ para Vigo).