Atrás

MINTUR actualiza a listaxe de solicitudes estimadas de maneira definitiva de axudas ao desenvolvemento de instalacións manufactureiras altamente eficientes e descarbonizadas, como parte do PERTE-DEI (Liña 4)

Atrás
13/06/2025

MINTUR actualiza a listaxe de solicitudes estimadas de maneira definitiva de axudas ao desenvolvemento de instalacións manufactureiras altamente eficientes e descarbonizadas, como parte do PERTE-DEI (Liña 4)

O Ministerio de Industria e Turismo publicou o 13 de xuño de 2025 a listaxe de solicitudes estimadas de forma definitiva, das axudas ao desenvolvemento de instalacións manufactureiras altamente eficientes e descarbonizadas, como parte do PERTE-DEI (Liña 4), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

A convocatoria publicada o 7 de agosto de 2024, e cuxo prazo de presentación de solicitudes terminou o 26 de setembro do 2024, establecía un orzamento máximo de 140.000.000 €. O 25 de abril de 2025, publicouse a proposta de resolución provisional, na que se seleccionaron provisionalmente 5 proxectos, sendo o importe total concedido de 90.000.000 € en forma de subvención (un 64,28 % do total orzamentado). Ningún dos beneficiarios era galego.

O pasado 13 de xuño de 2025 a listaxe de solicitudes estimadas de maneira provisional para a ser definitiva, na que finalmente se seleccionaron 4 proxectos definitivos, sendo o importe total concedido de 83.772.847 € en forma de subvención (un 59,84 % do total orzamentado). Ningún dos beneficiarios é galego.

Os proxectos beneficiarios incluídos na listaxe de solicitudes estimadas definitivas son os seguintes:

Nome beneficiario

Título proxecto

CCAA

Total concedido subvención (€)

ALIER

Nueva instalación de producción y reciclado de placas de yeso altamente eficiente y descarbonizada [GYPZERO]

ARAGÓN

9.637.141

HYDNUM PUERTOLLANO

Nueva instalación industrial altamente eficiente y descarbonizada para la fabricación de acero plano verde

CASTILLA LA MANCHA

60.000.000

BIOTERMICA VILLANUEVA S.L.

Línea manufacturera alternativa para secar alperujo usando sistemas de secado de bandas. El secado se realizará con vapor saturado proveniente de calderas de biomasa.

ANDALUCÍA

9.994.481

FERTIBERIA CASTILLA LEON SAU

Producción de ácido nítrico concentrado al 98,5%, utilizando tecnologías avanzadas y sostenibles.

ASTURIAS

4.141.225

Total (€)

83.772.847

 

A análise da distribución por CCAA das axudas concedidas é a seguinte:

 

PERTE DI - Línea 4

CCAA

Nº Beneficiarios

Total concedido

%Sobre o concedido

Castilla-La Mancha

1

60.000.000

66,79%

Andalucía

1

9.994.481

11,13%

Aragón

1

9.637.141

10,73%

Principado de Asturias

1

4.141.225

4,94%

Cantabria

 

 

0,00%

Castilla y León

 

 

0,00%

Galicia

 

 

0,00%

Cataluña

 

 

0,00%

País Vasco

 

 

0,00%

Valencia

 

 

0,00%

Extremadura

 

 

0,00%

La Rioja

 

 

0,00%

Murcia

 

 

0,00%

Islas Baleares 

 

 

0,00%

Islas Canarias

 

 

0,00%

Madrid

 

 

0,00%

Navarra

 

 

0,00%

Total

4

83.772.847

 

 

Castela A Mancha é a CCAA con máis axudas concedidas, o 66,79 % do total concedido. Andalucía sitúase en segundo lugar, cun proxecto beneficiario, o que supón un 11,13 % do total concedido a nivel nacional. O terceiro e cuarto posto ocúpanos Aragón e Asturias cun 10,73 % e un 4,94 % respectivamente. Galicia non obtivo axudas nesta convocatoria.

As ligazóns á proposta de resolución provisional, resolución definitiva, así como a ficha da convocatoria, indícanse a continuación: