Estás en:
MINTUR actualiza a listaxe de solicitudes estimadas de maneira provisional, así como a listaxe definitiva, das Axudas á Descarbonización da Industria Manufactureira, convocatoria enmarcada no PERTE de Descarbonización Industrial
MINTUR actualiza a listaxe de solicitudes estimadas de maneira provisional, así como a listaxe definitiva, das Axudas á Descarbonización da Industria Manufactureira, convocatoria enmarcada no PERTE de Descarbonización Industrial
O Ministerio de Industria e Turismo actualizou o 14 de xaneiro de 2025 tanto a listaxe de solicitudes estimadas de maneira provisional como as estimadas de maneira definitiva, das axudas para a descarbonización da industria manufactureira como parte do PERTE de Descarbonización Industrial.
Segundo a convocatoria publicada o 26 de decembro de 2023, cuxo prazo rematou o 17 de abril de 2024, o orzamento máximo fíxase en 999.800.000 €, con 500.000.000 € en forma de préstamo, e 499.800.000 € en forma de subvención. O 14 de xaneiro de 2025 actualizouse a listaxe de solicitudes estimadas provisionalmente e a listaxe das solicitudes estimadas de forma definitiva. Seleccionáronse provisionalmente 13 beneficiarios e adxudicáronse un total de 74.800.598 € en forma de subvención. Ademais, na resolución definitiva recóllense un total de 44 proxectos aos que se lle concedeu un total de 347.128.690 €, dos que 929.209 € foron concedidos en forma de préstamo.
En definitiva, adxudicáronse de forma provisional e definitiva 421.929.288 €, o que supón o 42,20 % do total orzamentado. Quedan todavía o 57,80 % dos fondos destinados á convocatoria sen conceder.
A distribución xeográfica por CCAA dos proxectos seleccionados preséntase no seguinte cadro e inclúe os 13 proxectos estimados provisionalmente e os 44 proxectos estimados de maneira definitiva:
Axudas para a Descarbonización da Industria Manufactureira | |||||
CCAA | Nº Beneficiarios | Total concedido subvención (€) | Total concedido préstamo (€) | Total concedido | % Sobre o concedido |
Principado de Asturias | 5 | 77.116.272 |
| 77.116.272 | 18,28% |
Aragón | 4 | 57.568.417 | 929.209,00 | 58.497.626 | 13,86% |
Cataluña | 11 | 49.231.970 |
| 49.231.970 | 11,67% |
Castilla y León | 5 | 45.334.503 |
| 45.334.503 | 10,74% |
País Vasco | 7 | 37.229.424 |
| 37.229.424 | 8,82% |
Andalucía | 3 | 37.140.542 |
| 37.140.542 | 8,80% |
Cantabria | 2 | 33.185.107 |
| 33.185.107 | 7,87% |
Castilla La Mancha | 5 | 31.889.511 |
| 31.889.511 | 7,56% |
Galicia | 5 | 31.467.029 |
| 31.467.029 | 7,46% |
Comunidad Valenciana | 6 | 10.789.806 |
| 10.789.806 | 2,56% |
Extremadura | 2 | 5.858.938 |
| 5.858.938 | 1,39% |
La Rioja | 1 | 2.950.110 |
| 2.950.110 | 0,70% |
Región de Murcia | 1 | 1.238.449 |
| 1.238.449 | 0,29% |
Islas Baleares |
|
|
|
| 0,00% |
Islas Canarias |
|
|
|
| 0,00% |
Madrid |
|
|
|
| 0,00% |
Navarra |
|
|
|
| 0,00% |
Total | 57 | 421.000.078 | 929.209,00 | 421.929.288 |
|
Ata a data, un total de 31.467.029 € foron concedidos a 5 proxectos galegos nesta convocatoria, o que supón o 7,46 % do total concedido a nivel nacional. Nestes momentos, Galicia ocupa a 9ª posición en relación ás axudas concedidas por CCAA. Asturias ocupa o primeiro lugar co proxecto que máis axudas recibiu ata o momento: 52,3 millóns de € para o proxecto “Descarbonización de planta de Avilés” liderado por Fertiberia, S.A.
Os 5 proxectos galegos concedidos para estas axudas son os seguintes:
Listado de solicitudes | CIF | Nome beneficiario | Título do proxecto | Total concedido de axuda (€) |
Provisional | B70056957 | EXLABESA EXTRUSION PADRON, SL | DESCARBONIZACIÓN DE INSTALACIÓN DE FUNDICIÓN DE ROIS | 3.983.259 |
Definitivo | A85255370 | FERROGLOBE SPAIN METALS S.A. | VAGALUME: Descarbonización del proceso de producción de silicio. | 11.790.371 |
Definitivo | A36618247 | GESTAMP VIGO S.A. | Descarbonización total de la instalación de Gestamp Vigo | 4.442.902 |
Definitivo | A15011018 | RESONAC GRAPHITE SPAIN S.A. | Descarbonización y reaprovechamiento energético del proceso de cocción de electrodos de grafito mediante la implantación de distintas soluciones renovables. H2-DCEG. | 2.583.804 |
Definitivo | A80420516 | XALLAS ELECTRICIDAD Y ALEACIONES S.A. | Planta de conversión de madera en carbón vegetal | 8.666.693 |
Total (€) | 31.467.029 |