Atrás

MINTUR actualiza a listaxe de solicitudes estimadas definitivamente, así como a listaxe provisional, da liña B do PERTE VEC II

Atrás
10/09/2024

MINTUR actualiza a listaxe de solicitudes estimadas definitivamente, así como a listaxe provisional, da liña B do PERTE VEC II

O Ministerio de Industria e Turismo publicou o 10 de setembro de 2024, a relación de solicitudes estimadas definitiva e provisionalmente da liña B do PERTE VEC II vinculadas á cadea de valor industrial do vehículo eléctrico.

Segundo a convocatoria publicada o 24 de xullo de 2023, a dotación inicial era de 559.669.829 €. Non obstante, incorporáronse os fondos non consumidos da liña A do PERTE VEC (227.000.000 €), co que incrementa o orzamento ata os 786.669.829 €. Así mesmo, con data do 5 de setembro de 2024, o orzamento foi incrementado en 25.000.000 €, facendo así un orzamento total de 811.669.829 €. Ata agosto de 2024, concederánse forma definitiva un total de 408.060.000 €, 321.488.018 € en concepto de subvención e 86.572.422 € en concepto de préstamo (50,27% do total orzamentado).

O 10 de setembro de 2024 publicouse a proposta de resolución definitiva dos proxectos que se atopaban en réxime de provisionalidade coa subvención proposta. A comisión de valoración resolveu as alegacións de varias empresas e modificouse o importe da axuda para o seguinte proxecto:

  • Renault España S.A., co seu proxecto “Plan de investimentos para o desenvolvemento, deseño e fabricación do vehículo C-SUB 100% eléctrico na planta de Palencia”, pasa de obter 54.323.275 € a 53.389.421 € en concepto de subvención e 12.917.059 €. en forma de préstamo.

Así mesmo, inclúense na resolución definitiva os seguintes proxectos:

  • Stellantis España, S.L., co seu proxecto “Plan de investimentos para a produción de vehículos eléctricos na planta de Stellantis España en Madrid” obterá 8.752.000 € en concepto de subvención e 737.311 € en concepto de préstamo.
  • Natural Movement, S.L., co seu proxecto “A revolución dos vehículos enfocados ás persoas e ao planeta” obterá 5.640.618 € en concepto de subvención.
  • Birziplastic, S.L., co seu proxecto “POLIVEC”, obterá 2.331.339 € en concepto de subvención e 702.237 € en concepto de préstamo.
  • Robert Bosch España Fabrica Aranjuez S.A., co seu proxecto “Plan de investimento Bosch España para o desenvolvemento de vehículos eléctricos e conectados na súa planta de Aranjuez” obterá 1.863.390 € en concepto de subvención e 846.164 €.

Tras a modificación da resolución, e a inclusión dos novos proxectos, concedeuse definitivamente un total de 417.204.518 € (o 51,40% do total orzamentado). Queda sen conceder o 48,60 % dos fondos destinados á convocatoria.

E por outra banda, o Ministerio de Industria, tamén publicou o 10 de setembro de 2024 a proposta de resolución provisional, na que se estiman provisionalmente os oito proxectos seguintes, que en conxunto obtiveron 67.396.638 €. Un dos proxectos propostos para a subvención realizarase en Vigo e é o da empresa Borgwarner Emissions Systems Spain, S.L e o seu proxecto “Investigación e Desenvolvemento no ámbito da Thermal Management de compoñentes esenciais do Vehículo Eléctrico e Conectado” que proponse unha axuda de 23,3 millóns de euros.

O detalle dos oito proxectos beneficiarios é o seguinte:

Nome do beneficiario

Título proxecto

Total concedido subvención (€)

Total concedido préstamo (€)

Total concedido (€)

Alcorta Forging Group, S.A.

Nuevos elementos de suspensión aligerados para plataformas de VE fabricados mediante tecnología de forja eficiente y digitalizada

171.898

78.059

249.957

Wallbox Chargers, S.L.U.

ILIOS. Desarrollo de una nueva generación de cargadores públicos ultrarrápidos como infraestructura crítica

3.178.872

1.472.087

4.650.959

DOGA, S.A.

Diseño y desarrollo de un tren motriz de alto rendimiento para vehículos eléctricos segmento I

316.153

139.955

456.108

Cebi Electromechanical Components Spain, S.A.

Nueva Generación de sensores con Circuito Integrado de Alta Tensión: Potenciando componentes Clave en el Vehículo Electrico

1.036.191

449.605

1.485.796

Dana Automoción, S.A.

PLAN INDUSTRIAL DANA PERTE VEC 2

665.479

288.753

954.232

IDNEO Technologies, S.A.U.

Plan de Inversión IDNEO

429.744

 

429.744

Renault España, S.A.

Plan de inversión para el desarrollo e implementación de una nueva plataforma de fabricación ultraflexible para vehículo 100% eléctrico de la planta de Valladolid

20.297.197

11.184.655

31.481.852

FORMIN, S.A.

Desarrollo y validación de nuevos productos y procesos aplicados a la gestión y conexión de baterías de vehículos eléctricos

4.326.722

4.326.722

Borgwarner Emissions Systems Spain, S.L

Investigación y Desarrollo en el ámbito del Thermal Management de componentes esenciales del Vehículo Eléctrico y Conectado

9.173.094

14.188.174

23.361.268

Total concedido de axuda (€)

39.595.350

27.801.288

67.396.638


Logo da publicación da proposta de resolución definitiva e provisional do 10 de setembro de 2024, concedeuse un total de 484.601.156 € (o 59,70 % do total orzamentado). Queda sen conceder o 40,30% dos fondos destinados á convocatoria.

A análise da distribución das axudas da liña B de PERTE VEC II a nivel nacional é a seguinte:

 

 

PERTE VEC - SECCIÓN B

CCAA

Beneficiarios

Total concedido

subvención (€)

Total concedido

préstamo (€)

Total concedido

(€)

%

Sobre o concedido

País Vasco

11

132.408.936

36.797.629

169.206.565

34,92%

Castilla y León

5

76.255.463

25.628.241

101.883.704

21,02%

Galicia

2

40.322.815

24.163.393

64.486.208

13,31%

Aragón

1

40.164.270

16.090.168

56.254.438

11,61%

Cataluña

10

48.668.740

6.055.933

54.724.673

11,29%

Navarra

6

11.335.322

3.391.306

14.726.628

3,04%

Valencia

2

10.625.756

1.158.077

11.783.833

2,43%

Madrid

4

9.643.107

1.892.000

11.535.107

2,38%

Andalucía

 

 

 

0

0,00%

Principado de Asturias

 

 

 

0

0,00%

Cantabria

 

 

 

0

0,00%

Castilla-La Mancha

 

 

 

0

0,00%

Extremadura

 

 

 

0

0,00%

Islas Baleares 

 

 

 

0

0,00%

Islas Canarias

 

 

 

0

0,00%

La Rioja

 

 

 

0

0,00%

Murcia

 

 

 

0

0,00%

Total

41

369.424.409

115.176.747

484.601.156

 


O País Vasco é a comunidade autónoma con maior número de proxectos e axudas concedidas, case o 35% do total concedido. Castilla y León sitúase en segundo lugar cun 21,02% do total concedido a nivel nacional. Galicia ocupa a terceira posición nesta convocatoria, cun 13% dos fondos concedidos, grazas ao proxecto Stellantis España, S.A. que se vai realizar na factoría de Vigo, que obtivo 41.124.940 €. Así como o proxecto Borgwarner Emissions Systems Spain, S.L, que obtivo provisionalmente 23.361.268 €.