Estás en:
MINTUR actualiza a listaxe de solicitudes estimadas provisionalmente das Axudas á Descarbonización da Industria Manufactureira, convocatoria enmarcada dentro do PERTE para a Descarbonización Industrial
MINTUR actualiza a listaxe de solicitudes estimadas provisionalmente das Axudas á Descarbonización da Industria Manufactureira, convocatoria enmarcada dentro do PERTE para a Descarbonización Industrial
O Ministerio de Industria e Turismo publicou o 16 de mayo de 2025 unha nova listaxe de solicitudes estimadas provisionalmente, das axudas para a descarbonización da industria manufactureira como parte do PERTE de Descarbonización Industrial.
Segundo a convocatoria publicada o 26 de decembro de 2023, e cuxo prazo rematou o 17 de abril de 2024, o orzamento máximo fíxase en 999.800.000 €, con 500.000.000 € en forma de préstamo e 499.800.000 € en forma de subvención. O 16 de maio de 2025 actualizouse a listaxe de solicitudes estimadas provisionalmente e a súa vez publicase a listaxe das solicitudes estimadas de forma definitiva. Seleccionáronse 3 novos beneficiarios de forma provisional que obtiveron un total de 10.056.882 € en forma de subvención. Ningún dos novos beneficiarios é galego.
En definitiva, adxudicáronse 526.594.767 € de forma provisional e definitiva, o que supón o 52,67 % do total orzamentado. Aínda quedan o 47,33 % dos fondos destinados á convocatoria sen conceder.
O detalle dos 3 novos proxectos beneficiarios estimados provisionalmente é o seguinte:
Nome beneficiario | Título proxecto | CCAA | Total concedido subvención (€) | Total concedido préstamo (€) | Total concedido (€) |
SIERO LAM,SA | MATRANSO. Proyecto para la reducción de emisiones de CO2 en una planta de segunda transformación de la madera mediante actividades orientadas a la generación de energía a partir de | ASTURIAS | 726.406 | 0 | 726.406 |
ACEITES DEL SURCOOSUR S. A. | PROYECTO DE DESCARBONIZACIÓN INDUSTRIAL DE COMPLEJO OLEICOLA EN EL T.M. DE VILCHES (JAÉN) | ANDALUCIA | 1.743.890 | 0 | 1.743.890 |
BIOCARBURANTES DE | PLANTA DE PRODUCCIÓN DE BIOMETANO Y FERTILIZANTES EN BABILAFUENTE-SALAMANCA A PARTIR DE RESIDUOS INDUSTRIALES AGRICOLAS Y GANADEROS | CASTILLA Y LEÓN | 7.586.586 | 0 | 7.586.586 |
Total concedido de axuda (€) | 10.056.882 | 0 | 10.056.882 |
A distribución xeográfica por CCAA dos proxectos seleccionados indicase no seguiente cadro e inclúe os 3 proxectos estimados provisionalmente e os 81 proxectos estimados de maneira definitiva:
Axudas para a Descarbonización de la Industria Manufacturera | |||||
CCAA | Nº Beneficiarios | Total concedido subvención (€) | Total concedido préstamo (€) | Total concedido (€) | % Sobre o concedido |
Principado de Asturias | 9 | 91.320.753 | 0 | 91.320.753 | 17,34% |
Cataluña | 16 | 71.228.020 | 749.615 | 71.977.635 | 13,67% |
Aragón | 5 | 61.549.294 | 929.209 | 62.478.503 | 11,86% |
Castilla La Mancha | 8 | 50.400.023 | 0 | 50.400.023 | 9,57% |
Castilla y León | 6 | 52.921.089 | 0 | 52.921.089 | 10,05% |
Andalucía | 7 | 46.368.104 | 521.173 | 46.889.277 | 8,90% |
Galicia | 6 | 39.413.129 | 0 | 39.413.129 | 7,48% |
País Vasco | 8 | 38.189.224 | 0 | 38.189.224 | 7,25% |
Cantabria | 2 | 33.185.107 | 0 | 33.185.107 | 6,30% |
Valencia | 12 | 27.936.203 | 0 | 27.936.203 | 5,31% |
Extremadura | 3 | 7.432.933 | 262.332 | 7.695.265 | 1,46% |
La Rioja | 1 | 2.950.110 | 0 | 2.950.110 | 0,56% |
Región de Murcia | 1 | 1.238.449 | 0 | 1.238.449 | 0,24% |
Islas Baleares |
|
|
| 0 | 0,00% |
Islas Canarias |
|
|
| 0 | 0,00% |
Madrid |
|
|
| 0 | 0,00% |
Navarra |
|
|
| 0 | 0,00% |
Total | 84 | 524.132.438 | 2.462.329 | 526.594.767 |
|
A día de hoxe, un total de 39.413.129 € foron concedidos a 6 proxectos galegos nesta convocatoria, o que representa un 7,48 % do total concedido a nivel nacional. Polo momento, Galicia ocupa unha 7º posición en relación as axudas concedidas por CCAA. Asturias sitúase en primeiro lugar co proxecto que máis apoios recibiu ata o momento: 52,3 millóns de € para o proxecto "Descarbonización da planta de Avilés", liderado por Fertiberia, S.A. En segundo lugar sitúase Cataluña con 16 proxectos beneficiarios e 72 millóns de €, que representan o 13,67 % do total adxudicado. En terceiro lugar sitúase Aragón, cun 11,86 % do total concedido a nivel nacional.
Os seis proxectos galegos beneficiarios destas axudas son os seguintes:
Listaxe de solicitudes | CIF | Nome beneficiario | Título do proxecto | Total concedido de axuda (€) |
Definitivo | B70056957 | EXLABESA EXTRUSION PADRON, SL | DESCARBONIZACIÓN DE INSTALACIÓN DE FUNDICIÓN DE ROIS | 3.983.259 |
Definitivo | A85255370 | FERROGLOBE SPAIN METALS S.A. | VAGALUME: Descarbonización del proceso de producción de silicio. | 11.790.371 |
Definitivo | A36618247 | GESTAMP VIGO S.A. | Descarbonización total de la instalación de Gestamp Vigo | 4.442.902 |
Definitivo | A15011018 | RESONAC GRAPHITE SPAIN S.A. | Descarbonización y reaprovechamiento energético del proceso de cocción de electrodos de grafito mediante la implantación de distintas soluciones renovables. H2-DCEG. | 2.583.804 |
Definitivo | A80420516 | XALLAS ELECTRICIDAD Y ALEACIONES S.A. | Planta de conversión de madera en carbón vegetal | 8.666.693 |
Definitivo | B27453398 | TABLEROS | Descarbonización del proceso de secado de astilla | 7.946.100 |
Total (€) | 39.413.129 |