Estás en:
MINTUR actualiza a listaxe de solicitudes estimadas provisionalmente e o listaxe de solicitudes estimadas de maneira definitiva da segunda convocatoria de axudas para o impulso da cadea de valor da microelectrónica e dos semiconductores (ICV/ME), dentro do PERTE CHIP
MINTUR actualiza a listaxe de solicitudes estimadas provisionalmente e o listaxe de solicitudes estimadas de maneira definitiva da segunda convocatoria de axudas para o impulso da cadea de valor da microelectrónica e dos semiconductores (ICV/ME), dentro do PERTE CHIP
O Ministerio de Industria e Turismo publicou o 9 de xuño de 2025 a listaxe de solicitudes estimadas provisionalmente e a listaxe de solicitudes estimadas definitivas, da segunda convocatoria de axudas para o impulso da cadea de valor da microelectrónica e dos semiconductores (ICV/ME), dentro do PERTE CHIP.
A convocatoria publicada o 13 de decembro de 2024, e cuxo prazo de presentación de solicitudes rematou o 31 de xaneiro do 2025, establecía un orzamento máximo de 110.000.000 €. Seleccionáronse de maneira provisional un total de 17 beneficiarios, sendo o importe total concedido provisional de 28.962.204 €. Non hai beneficiarios galegos entre estes novos proxectos estimados provisionalmente. Ademais, actualizouse a listaxe de solicitudes estimadas de maneira definitiva, seleccionándose de maneira definitiva un total de 37 beneficiarios, sendo o importe total concedido de 55.621.435 €. Hai un proxecto beneficiario galego estimado de maneira definitiva, o da empresa SPARC FOUNDRY, S.L., cun total concedido de 1.084.756 €.
En definitiva, concedéronse de maneira provisional e definitiva un total de 84.583.639 € a 54 beneficiarios (un 76,89 % do total orzamentado). Quedan aínda un 23,11 % dos fondos asignados á convocatoria sen conceder.
Os 17 novos proxectos incluídos na listaxe de solicitudes estimadas provisionalmente son os seguintes.
| Nome beneficiario | CCAA | Total concedido (€) |
| AGPHOTONICS SL | Andalucía | 489.225 |
| INDUSTRIAS DE TECNOLOGÍAS | Andalucía | 136.133 |
| QURV TECHNOLOGIES, S.L. | Cataluña | 1.837.938 |
| IDEADED, S.L. | Cataluña | 1.153.981 |
| MULTIVERSE COMPUTING SL | País Vasco | 17.584.495 |
| LIBELIUM COMUNICACIONES | Cataluña | 1.113.336 |
| ARXITEC MICRODEVICES, S.L | Madrid | 481.494 |
| ACORDE TECHNOLOGIES, S.A. | Cantabria | 364.845 |
| DLYTE CHEMICALS, S.L. | Cataluña | 699.234 |
| COMMTIA SYSTEMS S.A. | Cataluña | 1.214.876 |
| OMMATIDIA LIDAR, S.L. | Madrid | 658.000 |
| MS TECH EMEA, S.L.U | Cataluña | 518.395 |
| ODIN SOLUTIONS SL | Murcia | 378.069 |
| AMS R&D SPAIN S.L. | Valencia | 549.808 |
| INNOVA IRV | Andalucía | 659.654 |
| FRENETIC ELECTRONICS, S.L. | Madrid | 710.547 |
| LEAPWAVE TECHNOLOGIES, SL | Madrid | 412.175 |
| Total concedido de axuda (€) | 28.962.204 | |
A análise da distribución por CCAA das axudas concedidas é a seguinte:
| CCAA | Nº Beneficiarios | Total concedido (€) | %Sobre o concedido |
| Cataluña | 23 | 34.896.133 | 41,26% |
| País Vasco | 4 | 22.826.781 | 26,99% |
| Madrid | 9 | 8.137.626 | 9,62% |
| Cantabria | 2 | 7.012.569 | 8,29% |
| Valencia | 5 | 5.294.433 | 6,26% |
| Andalucía | 5 | 2.449.490 | 2,90% |
| Galicia | 1 | 1.084.756 | 1,28% |
| Principado de Asturias | 1 | 904.894 | 1,07% |
| Islas Canarias | 1 | 664.446 | 0,79% |
| Aragón | 1 | 608.477 | 0,72% |
| Murcia | 1 | 378.069 | 0,45% |
| Navarra | 1 | 325.965 | 0,39% |
| Castilla y León |
|
| 0,00% |
| Castilla-La Mancha |
|
| 0,00% |
| Extremadura |
|
| 0,00% |
| Islas Baleares |
|
| 0,00% |
| La Rioja |
|
| 0,00% |
| Total | 54 | 84.583.639 |
|
Cataluña é a CCAA con máis axudas concedidas, o 41,26 % do total concedido. O País Vasco sitúase en segundo lugar, cun 26,99 % do total concedido a nivel nacional. Madrid ocupa o terceiro lugar cun 9,62 %. Galicia ocupa unha sétima posición, un total de 1.084.756 € foron concedidos a un proxecto galego nesta convocatoria, o que representa un 1,28 % do total concedido a nivel nacional.
As ligazóns a listaxe de solicitudes estimadas provisionalmente e definitivamente, así como a ficha da convocatoria indícanse a continuación: