Estás en:
MINTUR actualiza a relación de solicitudes estimadas definitivamente, así como a listaxe provisional, de Axudas á Descarbonización da Industria Manufactureira, convocatoria enmarcada no PERTE para a Descarbonización Industrial
MINTUR actualiza a relación de solicitudes estimadas definitivamente, así como a listaxe provisional, de Axudas á Descarbonización da Industria Manufactureira, convocatoria enmarcada no PERTE para a Descarbonización Industrial
O Ministerio de Industria e Turismo publicou o 8 de outubro de 2024 a relación de solicitudes estimadas definitivas e provisionais, das axudas á descarbonización da industria manufactureira no marco do PERTE para a Descarbonización Industrial.
Segundo a convocatoria publicada o 26 de decembro de 2023, cuxo prazo rematou o 17 de abril de 2024, o orzamento máximo establécese en 999.800.000 €, con 500.000.000 € en forma de préstamo, e 499.800.000 € en forma de subvención. O 8 de outubro de 2024 actualizouse a relación de solicitudes estimadas provisionalmente e ao mesmo tempo publicouse a relación de solicitudes estimadas definitivamente. Seleccionáronse provisionalmente 14 novos beneficiarios e adxudicáronse un total de 96.300.000 € en concepto de subvención. Así mesmo, recóllense na resolución definitiva un total de 31 proxectos aos que se lle concedeu un total de 266.609.317 €, dos que 929.209 € son concedidos en concepto de préstamo.
En definitiva, adxudicáronse con carácter provisional e definitivo 362.909.317 €, o que supón o 36,30 % do total orzamentado. Aínda quedan o 63,70 % dos fondos destinados á convocatoria que non foron concedidos nesta convocatoria A día de hoxe, son 4 proxectos galegos adxudicados nesta convocatoria cun total de 27.483.770 €, o que supón o 7,97 % do total concedido a nivel nacional.
Os catro proxectos galegos estimáronse definitivamente para esta axuda e son os seguintes:
| CIF | Nome beneficiario | Título do proxecto | Total concedido de axuda (€) |
| A85255370 | FERROGLOBE SPAIN METALS S.A. | VAGALUME: Descarbonización del proceso de producción de silicio. | 11.790.371 |
| A36618247 | GESTAMP VIGO S.A. | Descarbonización total de la instalación de Gestamp Vigo | 4.442.902 |
| A15011018 | RESONAC GRAPHITE SPAIN S.A. | Descarbonización y reaprovechamiento energético del proceso de cocción de electrodos de grafito mediante la implantación de distintas soluciones renovables. H2-DCEG. | 2.583.804 |
| A80420516 | XALLAS ELECTRICIDAD Y ALEACIONES S.A. | Planta de conversión de madera en carbón vegetal | 8.666.693 |
| Total | 27.483.770 | ||