Estás en:
MINTUR actualiza a relación de solicitudes estimadas provisionalmente e a relación de axudas concedidas para a liña de axudas a proxectos de produción de baterías, enmarcadas no PERTE VEC III – Liña A
MINTUR actualiza a relación de solicitudes estimadas provisionalmente e a relación de axudas concedidas para a liña de axudas a proxectos de produción de baterías, enmarcadas no PERTE VEC III – Liña A
O Ministerio de Industria e Turismo actualizou o 30 de xaneiro de 2025, a relación de solicitudes estimadas provisionalmente e a relación de axudas concedidas, para a liña A do PERTE VEC III vinculada á produción de baterías de vehículos eléctricos para o ano 2024.
Segundo a convocatoria publicada o 22 de maio de 2024, establécese un orzamento de 340.000.000 €. Mediante Orde do 8 de outubro de 2024, do Ministerio de Industria e Turismo, ampliouse o importe máximo das axudas que se concederán en concepto de subvención, en 133.278.896 €. Esta convocatoria ten así un orzamento total de 473.278.896 €.
O 30 de xaneiro de 2025, incorporáronse 3 novos proxectos na listaxe de solicitudes estimadas provisionalmente, aos que se lles concedeu un total de 49.685.572,78 € en forma de subvención. Ademais, recóllense na resolución definitiva 6 proxectos aos que se lles concedeu un total de 300.445.029 € en forma de subvención. En definitiva, adxudicáronse de forma provisional e definitiva un total de 350.130.601 €, o que supón o 73,98 % resolto sobre o total orzamentado. Quedan por adxudicar o 26,02 % dos fondos destinados á convocatoria.
O detalle dos tres novos proxectos estimados provisionalmente é o seguinte:
Nome beneficiario | Título proxecto | CCAA | Total concedido subvención (€) | Total concedido préstamo (€) | Total concedido (€) |
INDUSTRIAS QUIMICAS DEL OXIDO DE ETILENO, S.A. | Producción de Carbonato de Etileno y de Dimetilo para la fabricación de solventes para electrolitos de baterías de vehículos eléctricos | Cataluña | 11.575.521 | 0 | 11.575.521 |
LITHIUM IBERIA, S.L. | Planta industrial para la producción de hidróxido de litio para las baterías del Vehículo eléctrico | Extremadura | 20.393.960 | 0 | 20.393.960 |
IBERPOTASH, S.A. | Plan de inversión para una nueva planta de fabricación de cátodos enfocados a baterías LFP del Vehículo Eléctrico y Conectado en Sallent (Cataluña) | Cataluña | 17.716.092 | 0 | 17.716.092 |
Total concedido de axuda (€) | 49.685.573 | 0 | 49.685.573 |
A distribución xeográfica por CCAA dos proxectos seleccionados na proposta de resolución provisional e na resolución definitiva preséntase no seguinte cadro:
| PERTE VEC - SECCIÓN A | ||||
CCAA | Nº Beneficiarios | Total concedido subvención (€) | Total concedido préstamo (€) | Total concedido (€) | %Sobre o concedido |
Valencia | 1 | 152.285.637 |
| 152.285.637 | 43,49% |
Aragón | 1 | 133.708.540 |
| 133.708.540 | 38,19% |
Cataluña | 5 | 39.733.619 |
| 39.733.619 | 11,35% |
Extremadura | 1 | 20.393.960 |
| 20.393.960 | 0,00% |
Navarra | 1 | 4.008.845 |
| 4.008.845 | 1,14% |
Castilla y León |
|
|
| 0 | 0,00% |
Cantabria |
|
|
| 0 | 0,00% |
Galicia |
|
|
| 0 | 0,00% |
País Vasco |
|
|
| 0 | 0,00% |
Madrid |
|
|
| 0 | 0,00% |
Andalucía |
|
|
| 0 | 0,00% |
Principado de Asturias |
|
|
| 0 | 0,00% |
Castilla-La Mancha |
|
|
| 0 | 0,00% |
Islas Baleares |
|
|
| 0 | 0,00% |
Islas Canarias |
|
|
| 0 | 0,00% |
La Rioja |
|
|
| 0 | 0,00% |
Murcia |
|
|
| 0 | 0,00% |
Total | 9 | 350.130.601 | 0 | 350.130.601 |
|
Galicia ata o momento non recibiu ningunha axuda nesta convocatoria, debido a que a única axuda que se concederá de forma provisional a un proxecto galego considerouse desisitida na resolución definitiva.
A continuación detallanse os proxectos desisitidos segundo o Ministerio:
Nome beneficiario | Título proxecto | CCAA | Total concedido subvención (€) | Total concedido préstamo (€) | Total concedido (€) |
LITHIUM ENERGY CANTABRIA, S.A. | Nueva Planta de Fabricación Sostenible de Hidróxido de Litio | Cantabria | 21.005.693 | 0 | 21.005.693 |
RENAULT ESPAÑA, S.A. | Proyecto de inversión para la creación de un polo de fabricación de baterías eléctricas en el establecimiento industrial de Valladolid | Castilla y León | 27.720.453 | 0 | 27.720.453 |
STELLANTIS ESPAÑA , | Inversiones en la planta de Stellantis España localizada en Vigo (Pontevedra) para la reconversión y fabricación de baterías bajo el concepto Cell To Body-Battery pack | Galicia | 2.084.571 | 0 | 2.084.571 |
Entre eles está Stellantis España, S.L., co seu proxecto “Investimentos na planta de Stellantis España situada en Vigo (Pontevedra) para a conversión e fabricación de baterías baixo o concepto Cell To Body-Battery pack” ubicado en Galicia, que foi beneficiaria de un total de 2.084.571 €.
Na proposta de resolución definitiva do 11 de novembro de 2024 indicabase para o beneficiario Stellantis España, S.L. o seguinte: “De conformidade co disposto no artigo 33.1 do Regulamento de subvencións aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, a resolución de concesión da subvención está condicionada á presentación por parte do beneficiario da renuncia ás subvencións concorrentes obtidas anteriormente, así como, se é o caso, á devolución dos fondos públicos percibidos en relación coa presente concorrencia”.
Polo tanto, esta axuda a Stellantis considerouse desistida ao non presentarse a documentación requirida. Polo momento, as axudas que Stellantis España, S.L., ten concedidas para a súa planta de Vigo son as seguintes:
PERTE | Convocatoria | Título proxecto | Total concedido (€) | Localización | Provincia |
VEC | Convocatoria de ayudas para el PERTE de Vehículo Eléctrico 2023 (Sección A) | Nueva Línea de montaje y producción de baterías en la planta de producción de vehículos de Stellantis | 6.748.622 | Vigo | Pontevedra |
VEC | Convocatoria de ayudas para el PERTE de Vehículo Eléctrico 2023 (Sección B) | Plan de inversión para la fabricación de nuevos vehículos eléctricos de baterías en el centro de producción de Stellantis Vigo | 41.124.940 | Vigo | Pontevedra |
Total (€) | 47.873.562 |
|
|