Atrás

MINTUR adxudica 90,2 M€ das axudas para o impulso á cadea de valor do vehículo eléctrico e conectado (PERTE VEC III – SECCIÓN B) no marco do PRTR para o ano 2024

Atrás
16/07/2025

MINTUR adxudica 90,2 M€ das axudas para o impulso á cadea de valor do vehículo eléctrico e conectado (PERTE VEC III – SECCIÓN B) no marco do PRTR para o ano 2024

O Ministerio de Industria e Turismo publicou o 16 de xullo de 2025 a aprobación provisional de 13 proxectos adicionais e 6 proxectos de maneira definitiva, das Axudas para o impulso á cadea de valor do vehículo eléctrico e conectado (PERTE VEC III – SECCIÓN B) para o ano 2024, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

A convocatoria publicada o 4 de xullo de 2024, e cuxo prazo de presentación de solicitudes rematou o 4 de outubro de 2024, establecía un orzamento máximo de 353.082.251 €. Ata agora seleccionáronse de maneira provisional un total de 43 proxectos, sendo o importe total concedido de 256.606.422 €, 189.330.277 € en forma de subvención e 67.276.145 € en forma de préstamo (un 72,68% do total orzamentado).

Actualizouse a lista de solicitudes provisionais, con 13 proxectos máis que recibiron un total de 64.495.744 € (en forma de subvencións) e 10.785.302 € (en forma de préstamos). Deste xeito, o total concedido de maneira provisional na actualidade é de 331.887.468 €.

Actualizouse a lista de solicitudes definitivas na que se aprobaron de maneira definitiva proxectos de 6 empresas, inicialmente desestimados, os cales suman 9.708.977 € (en forma de subvención) e 5.293.113 € (en forma de préstamo). Deste xeito, concedéronse de maneira definitiva un total de 258.070.678 €, 183.218.533 € en forma de subvención e 74.852.145 € en forma de préstamo, quedando 95.011.573 € de remanente de fondos do PERTE VEC III.

A análise da distribución por CCAA das axudas concedidas de maneira definitiva é a seguinte:

PERTE VEC III - SECCIÓN B (Convocatoria 2024)

CCAA

Nº Beneficiarios

Total concedido subvención (€)

Total concedido préstamo (€)

Total concedido (€)

%Sobre el concedido

Aragón

3

65.626.290

20.088.804

85.715.094

33,21%

Cataluña

9

14.831.458

29.959.632

44.791.090

17,36%

País Vasco

8

25.839.004

4.571.703

30.410.707

11,78%

Extremadura

1

22.020.785

6.189.845

28.210.630

10,93%

Valencia

3

18.862.663

4.233.298

23.095.961

8,95%

Madrid

4

10.250.051

4.488.309

14.738.360

5,71%

Castilla y León

5

7.206.218

1.635.011

8.841.229

3,43%

Andalucía

4

7.467.345

1.357.926

8.825.271

3,42%

Navarra

4

4.979.392

811.139

5.790.531

2,24%

Galicia

2

2.192.659

653.699

2.846.358

1,10%

Cantabria

1

922.133

680.542

1.602.675

0,62%

Murcia

1

1.362.064

0

1.362.064

0,53%

La Rioja

2

959.746

182.237

1.141.983

0,44%

Asturias

1

698.725

0

698.725

0,27%

Castilla La Mancha

 

 

 

0

0,00%

Islas Baleares 

 

 

 

0

0,00%

Islas Canarias

 

 

 

0

0,00%

Total

48

183.218.533

74.852.145

258.070.678

 

 

Aragón é a CCAA con máis axudas concedidas, o 33,43 % do total concedido. Isto débese principalmente á axuda obtida por STELLANTIS ESPAÑA, S.L. con 61,8 millóns de € en forma de subvención e 19,9 millóns de € en forma de préstamo para o proxecto “Plan de investimento innovador en sustentabilidade e eficiencia enerxética para a Gigafactoría de Stellantis en Figueruelas”. Cataluña sitúase en segundo lugar, cun 17,36 % do total concedido a nivel nacional. Galicia ocupa unha décima posición, un total de 2.846.358 € foron concedidos a 2 proxectos galegos nesta convocatoria, o que representa un 1,10 % do total concedido a nivel nacional.

Os enlaces a proposta de resolución provisional da convocatoria, a proposta de resolución definitiva así como a ficha da convocatoria, indícanse a continuación: