Atrás

MINTUR adxudica provisionalmente 41 millóns de euros das axudas para o impulso á cadea de valor do vehículo eléctrico e conectado (PERTE VEC III – SECCIÓN B) no marco do PRTR para o ano 2024

Atrás
27/05/2025

MINTUR adxudica provisionalmente 41 millóns de euros das axudas para o impulso á cadea de valor do vehículo eléctrico e conectado (PERTE VEC III – SECCIÓN B) no marco do PRTR para o ano 2024

O Ministerio de Industria e Turismo publicou o 27 de maio de 2025 a aprobación provisional de 21 proxectos adicionais, das axudas para o impulso á cadea de valor do vehículo eléctrico e conectado (PERTE VEC III – SECCIÓN B) para o ano 2024, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

A convocatoria publicada o 4 de xullo de 2024, e cuxo prazo de presentación de solicitudes rematou o 4 de outubro de 2024, establecía un orzamento máximo de 353.082.251 €. Ata agora seleccionáronse de maneira provisional un total de 22 proxectos, sendo o importe total concedido de 216.156.422 €, 148.880.277 € en forma de subvención e 67.276.145 € en forma de préstamo (un 61,22 % do total orzamentado), habendo 2 beneficiarios galegos cun total concedido de 2.846.358 € (un 1,32 % sobre o concedido).

Nesta nova resolución provisional, aprobáronse 21 proxectos que obtiveron en total 41.250.000 €, quedando así un remanente de 95.675.829 € dos fondos do PERTE VEC III. Entre os novos beneficiarios non hai entidades galegas.

A análise da distribución por CCAA das axudas concedidas é a seguinte:

PERTE VEC III - SECCIÓN B (Convocatoria 2024)

CCAA

Nº Beneficiarios

Total concedido subvención (€)

Total concedido préstamo (€)

Total concedido (€)

%Sobre el concedido

Aragón

4

65.828.178

19.961.370

85.789.548

33,43%

Cataluña

9

26.552.409

24.693.917

51.246.326

19,97%

Valencia

4

21.317.195

4.356.651

25.673.846

10,01%

Extremadura

1

17.210.630

6.189.845

23.400.475

9,12%

País Vasco

6

21.255.002

1.978.242

23.233.244

9,05%

Madrid

5

11.162.860

3.610.172

14.773.032

5,76%

Castilla y León

3

10.798.115

3.183.600

13.981.715

5,45%

Andalucía

3

5.683.086

1.156.968

6.840.054

2,67%

Navarra

2

3.905.946

811.139

4.717.085

1,84%

Galicia

2

2.192.659

653.699

2.846.358

1,11%

Cantabria

1

922.133

680.542

1.602.675

0,62%

Murcia

1

1.362.064

1.362.064

0,53%

La Rioja

2

1.140.000

1.140.000

0,44%

Asturias

 

 

0

0,00%

Castilla La Mancha

 

 

0

0,00%

Islas Canarias

 

 

0

0,00%

Islas Baleares 

 

 

0

0,00%

Total

43

189.330.277

67.276.145

256.606.422

 

 

Aragón é a CCAA con máis axudas concedidas, o 33,43 % do total concedido. Isto débese principalmente á axuda obtida por STELLANTIS ESPAÑA, S.L. con 61,8 millóns de € en forma de subvención e 19,9 millóns de € en forma de préstamo para o proxecto “Plan de investimento innovador en sustentabilidade e eficiencia enerxética para a Gigafactoría de Stellantis en Figueruelas”. Cataluña sitúase en segundo lugar, cun 19,97 % do total concedido a nivel nacional. Galicia ocupa unha décima posición, un total de 2.846.358 € foron concedidos a 2 proxectos galegos nesta convocatoria, o que representa un 1,11 % do total concedido a nivel nacional.