Atrás

MINTUR aproba unha nova proposta de resolución provisional favorable da líña do PERTE VEC II vinculados á cadea de valor industrial do vehículo eléctrico

Atrás
02/04/2024

MINTUR aproba unha nova proposta de resolución provisional favorable da líña do PERTE VEC II vinculados á cadea de valor industrial do vehículo eléctrico

O Ministerio de Industria e Turismo aprobou o 2 de abril de 2024, unha nova proposta de resolución provisional favorable da líña B do PERTE VEC II vinculado á cadea de valor industrial do vehículo eléctrico.

Segundo a convocatoria publicada o 24 de xullo de 2023 a dotación inicial era de 559.669.829 €. Non obstante, incorporáronse os fondos non consumidos da liña A do PERTE VEC (227.000.000 €), aumentando o orzamento ata os 786.669.829 €

O 22 de febreiro de 2024 comunícaronse os 10 primeiros proxectos desta liña B con 170 millóns de euros en axudas, entre as que se beneficiaron están JEMA ENERGY, BASQUEVOLT, IRIZAR, NISSAN, MERCEDES-BENZ, MASATS, MUGAPE, EDSCHA BURGOS y AUTOTECH. O importe total concedido ascendeu a 166.280.877 €, 127.716.963 € en forma de subvención e 38.563.914 € en forma de préstamo.

O 23 de marzo de 2024 comunicáronse 3 proxectos máis, nos que beneficiáronse STELLANTIS (FIGUERUELAS), ROBERT BOSH y BENTELER, sendo o importe total concedido de 55.981.788 €, 39.734.193 € en forma de subvención e 16.247.595 € en forma de préstamos.

O 2 de abril de 2024, incorporouse un novo proxecto:  

  • Mepef Cascante S.L., obtivo 267.824 €, en forma de subvención, para o proxecto “Desarrollo de una nueva battery box para el vehículo eléctrico conectado MEPEF CASCANTE S.L.”

A día de hoxe concedéronse un total de 222.530.489 € € (un 28,29 % do total orzamentado). Quedan máis dun 70 % dos fondos asignados á convocatoria pendentes de conceder.

Coa incorporación do último proxecto beneficiario, a distribución dos fondos das axudas da liña B do PERTE VEC II a nivel nacional é a seguinte:

 

PERTE VEC - SECCIÓN B

 

Nº Beneficiarios

Total concedido subvención (€)

Total concedido préstamo (€)

Total concedido (€)

%Sobre o concedido

País Vasco

6

120.278.260

35.352.369

155.630.629

69,94%

Aragón

1

38.696.402

15.729.445

54.425.847

24,46%

Cataluña

3

5.845.704

1.997.964

7.843.668

3,52%

Castilla y León

2

1.795.925

1.352.619

3.148.544

1,41%

Madrid

1

834.865

379.112

1.213.977

0,55%

Navarra

1

267.824

 

267.824

0,12%

Andalucía

 

 

 

0

0,00%

Principado de Asturias

 

 

 

0

0,00%

Cantabria

 

 

 

0

0,00%

Castilla-La Mancha

 

 

 

0

0,00%

Extremadura

 

 

 

0

0,00%

Galicia

 

 

 

0

0,00%

Islas Baleares 

 

 

 

0

0,00%

Islas Canarias

 

 

 

0

0,00%

La Rioja

 

 

 

0

0,00%

Murcia

 

 

 

0

0,00%

Valencia

 

 

 

0

0,00%

Total

14

167.718.980

54.811.509

222.530.489

 

 

De momento, o País Vasco é a comunidade autónoma con maior número de proxectos e fondos concedidos a esta rexión, prácticamente un 70 % do total concedido. Aragón, cun solo proxecto, ocupa o segundo lugar cun 24 % do total concedido a nivel nacional. Entre os beneficiarios publicados ata agora non hai entidades e/ou proxectos galegos.