Estás en:
MINTUR aproba unha nova proposta de resolución provisional favorable para a liña B do PERTE VEC II vinculada á cadea de valor industrial do vehículo eléctrico
MINTUR aproba unha nova proposta de resolución provisional favorable para a liña B do PERTE VEC II vinculada á cadea de valor industrial do vehículo eléctrico
O Ministerio de Industria e Turismo publicou o 10 de maio de 2024 unha nova proposta de resolución provisional favorable da liña B do PERTE VEC II vinculada á cadea de valor industrial do vehículo eléctrico.
Segundo a convocatoria publicada o 24 de xullo de 2023, a dotación inicial era de 559.669.829 €. Non obstante, incorporáronse os fondos non consumidos da liña A do PERTE VEC (227.000.000 €), co que se incrementa o orzamento ata os 786.669.829 €.
O 22 de febreiro de 2024 comunicáronse os 10 primeiros proxectos desta liña B con 170 millóns de euros de axuda, entre os que beneficiaronse, JEMA ENERGY, BASQUEVOLT, IRIZAR, NISSAN, MERCEDES-BENZ, MASATS, MUGAPE, EDSCHA BURGOS e AUTOTECH. O importe total concedido ascendeu a 166.280.877 €, 127.716.963 € en concepto de subvención e 38.563.914 € en concepto de préstamo.
O 23 de marzo de 2024 comunícaronse 3 proxectos máis, nos que se beneficiaron STELLANTIS (FIGUERUELAS), ROBERT BOSH e BENTELER, sendo o importe total concedido 55.981.788 €, 39.734.193 € en concepto de subvención e 16.247.595 € en concepto de préstamos.
Con data do 2 de abril de 2024 incorporouse un novo proxecto, Mepef Cascante S.L., sendo o importe total concedido 267.824 € en concepto de subvención.
E o 10 de maio de 2024 incorporáronse os seguintes proxectos, entre os que se atopa a axuda de 29 millóns de € a Stellantis España, S.A. e o seu proxecto de fabricación de novos vehículos eléctricos de batería para a súa planta de Vigo:
Beneficiario | Título proxecto | Total concedido subvención (€) | Total concedido préstamo (€) | Total concedido (€) |
Exide Technologies S.L. | Resurgimiento Energético: transformando baterías desechadas de VE en materias primas vitales para Europa. | 719.838 | 133.469 | 853.307 |
Ficosa Automative S.L. | Plan de Inversión FICOSA ELECTRONICS. | 2.442.977 | 655.780 | 3.098.757 |
Gestamp Abrera S.A. | Inversión innovadora de anillo de puerta en Cataluña. | 5.913.064 | 1.407.147 | 7.320.211 |
Gestamp Bizkaia S.A. | Inversión innovadora para el ensamblado de partes móviles del vehículo de pasajeros premium. | 6.601.522 | 2.293.788 | 8.895.310 |
Gestamp Levante S.A. | Plan de inversión para componentes estructurales más sostenibles para el vehículo eléctrico y conectado en Valencia. | 4.985.138 | 1.158.077 | 6.143.215 |
Gestamp Navarra S.A. | Inversión innovadora de anillo de puerta en Navarra. Inversión innovadora para el ensamblado de los largueros traseros - Längsträger Radhaus en Navarra. | 7.978.861 | 2.092.275 | 10.071.136 |
Gestamp Palau S.A. | Inversiones innovadoras y eficientes en Gestamp Palau para la fabricación de piezas estructurales del Vehículo Eléctrico y Conectado. | 1.234.616 | 440.201 | 1.674.817 |
Global Laser Araba S.L. | Desarrollo de un nuevo modelo de fábrica flexible inteligente del VEC. | 2.403.335 | 1.042.811 | 3.446.146 |
Hub Tech Factory, S.L. | Plan de inversión para el desarrollo de la infraestructura IT y la mejora ambiental de procesos de pintura. | 2.048.791 | 2.048.791 | |
Plastic Omnium Equipamientos Exteriores, S.A. | Plan de inversión de Plastic Omnium dentro de la cadena de valor del VEC para su planta de Tudela y de Almussafes. | 1.351.140 | 586.623 | 1.937.763 |
Robert Bosh España Fábrica Madrid, S.A. | Plan de inversión de Bosch España para el desarrollo del vehículo eléctrico y conectado en su planta de Madrid. | 711.048 | 308.525 | 1.019.573 |
Stellantis España, S.A. | Plan de inversión para la fabricación de nuevos vehículos eléctricos de baterías en el centro de producción de Stellantis Vigo. | 20.703.482 | 8.566.358 | 29.269.840 |
Total concedido de axuda (€) | 57.093.812 | 18.685.054 | 75.778.866 |
Ata a data, concedéronse un total de 298.308.995 € (o 37,92 % do total orzamentado). Aínda quedan pendentes de conceder máis do 60% dos fondos asiganados á convocatoria. Coa incorporación dos últimos proxectos beneficiarios, a distribución dos fondos de axuda da liña B de PERTE VEC II a nivel nacional é a seguinte:
| PERTE VEC - SECCIÓN B | ||||
| Nº Beneficiarios | Total concedido subvención | Total concedido préstamo | Total concedido | %Sobre o concedido |
País Vasco | 8 | 129.283.117 | 38.688.968 | 167.972.085 | 56,31% |
Aragón | 1 | 38.696.402 | 15.729.445 | 54.425.847 | 18,24% |
Galicia | 1 | 20.703.482 | 8.566.358 | 29.269.840 | 9,81% |
Cataluña | 7 | 17.485.152 | 4.501.092 | 21.986.244 | 7,37% |
Navarra | 4 | 9.101.871 | 2.463.342 | 11.565.213 | 3,88% |
Valencia | 2 | 5.481.092 | 1.373.273 | 6.854.365 | 2,30% |
Castilla y León | 3 | 2.515.763 | 1.486.088 | 4.001.851 | 1,34% |
Madrid | 2 | 1.545.913 | 687.637 | 2.233.550 | 0,75% |
Andalucía |
|
|
| 0 | 0,00% |
Principado de Asturias |
|
|
| 0 | 0,00% |
Cantabria |
|
|
| 0 | 0,00% |
Castilla-La Mancha |
|
|
| 0 | 0,00% |
Extremadura |
|
|
| 0 | 0,00% |
Islas Baleares |
|
|
| 0 | 0,00% |
Islas Canarias |
|
|
| 0 | 0,00% |
La Rioja |
|
|
| 0 | 0,00% |
Murcia |
|
|
| 0 | 0,00% |
Total | 28 | 224.812.792 | 73.496.203 | 298.308.995 |
|
O País Vasco é a comunidade autónoma con maior número de proxectos e axudas concedidas, practicamente o 57% do total concedido. Aragón, cun só proxecto, ocupa o segundo lugar cun 24% do total concedido a nivel nacional. Galicia ocupa a terceira posición, con case o 10% dos fondos concedidos, grazas ao proxecto Stellantis España, S.A. que se vai realizar na factoría de Vigo, que obtivo 29.269.840 € (20.703.482 € en concepto de subvención e 8.566.358 € en concepto de préstamo).