Atrás

MINTUR publica a actualización de beneficiarios provisionais e a resolución de concesión global da convocatoria PERTE AGRO II

Atrás
09/10/2025

MINTUR publica a actualización de beneficiarios provisionais e a resolución de concesión global da convocatoria PERTE AGRO II

O Ministerio de Industria e Turismo publicou o 8 de outubro de 2025, a través da Secretaría de Estado de Industria, o listado provisional actualizado de beneficiarios da Convocatoria de Axudas a Proxectos Industriais no Sector Agroalimentario (PERTE AGRO II)

A convocatoria, publicada o 19 de setembro de 2024 e cuxo prazo de presentación de solicitudes rematou o 5 de outubro de 2024, establecía un orzamento máximo de 100.000.000 €. As resolucións provisionais foron publicadas do seguinte xeito: 

  • O 14 de marzo de 2025 publicouse o primeiro listado provisional de beneficiarios, no que se concederon 22.897.031 € a 43 beneficiarios. 
  • O 28 de maio de 2025 publicouse un segundo listado provisional, no que se seleccionaron 7 novos beneficiarios que recibiron 3.270.586 €.
  • O 1 de agosto de 2025 publicouse un terceiro listado provisional, no que se seleccionaron 30 novos beneficiarios que recibiron 14.524.957 €.
  • O 8 de outubro de 2025 publicouse unha actualización do listado provisional, no que se seleccionaron 41 novos proxectos que recibiron 13.344.236 €.

Ata o momento, concedéronse provisionalmente 54.036.810 € a 121 proxectos (o 54,03 % do orzamento total).

Así mesmo, o 9 de outubro de 2025 publicouse a resolución global de concesión, na que se recollen todas aquelas entidades que, unha vez finalizado o prazo de presentación de aceptacións, desistimentos e decaementos, aceptaron finalmente a axuda. Nesta resolución seleccionáronse definitivamente 55 beneficiarios, aos que se lles concederon 34.518.222 € (o 34,52 % do orzamento total). 

A distribución dos proxectos beneficiarios entre as Comunidades Autónomas é a seguinte:

CCAA

NºBeneficiarios

Total concedido (€)

% Sobre o concedido

Cataluña

12

6.662.556

19,30%

Aragón

10

6.534.072

18,93%

Andalucía

4

5.442.398

15,77%

Madrid

6

4.764.857

13,80%

Castilla y León

5

3.290.662

9,53%

Valencia

5

2.970.224

8,60%

País Vasco

7

2.440.320

7,07%

Región de Murcia

3

1.586.109

4,59%

Galicia

1

451.951

1,31%

Extremadura

1

216.330

0,63%

Principado de Asturias

1

158.743

0,46%

Islas Canarias

 

 

 

Islas Baleares

 

 

 

Navarra

 

 

 

Castilla La Mancha

 

 

 

Cantabria

 

 

 

La Rioja

 

 

 

Total

55

34.518.222

100%

 

Ata o de agora, Cataluña é a comunidade autónoma con maior número de beneficiarios, captando case o 20 % dos fondos concedidos. Aragón ocupa a segunda posición con 10 proxectos e 6.534.072 € concedidos. Galicia sitúase na novena posición cun proxecto subvencionado cunha axuda de 451.951 €.

O detalle do proxecto galego seleccionado é o seguinte: 

Entidade solicitante

Proxecto

Importe axuda (€)

INNOLACT SL 

CleanProTec: Investigación en el desarrollo de una tecnología avanzada que permita la producción de queso crema con etiquetado más limpio y propiedades mejoradas. 

5.996.314