Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

MINTUR publica a concesión directa á empresa Cobra Solutions , SLU, para a execución do proxecto Green Cobra

Atrás
04/09/2024

MINTUR publica a concesión directa á empresa Cobra Solutions , SLU, para a execución do proxecto Green Cobra

O Consello de Ministros aprobou o Real Decreto 872/2024, enmarcado no PERTE de Descarbonización Industrial, polo que se regula a concesión directa dunha subvención á empresa Cobra Solutions por importe de 150 millóns de €, para a execución do proxecto Green Cobra .

O obxectivo principal do proxecto é o desenvolvemento dunha cadea completa de subministración de hidróxeno verde en España, incluíndo a produción, almacenamento e distribución de hidróxeno. O proxecto ubicarase en Cartagena e Castellón, e foi definido pola UE como Proxecto Importante de Interese Común Europeo. Estímase un investimento de 742 millóns de €, e prevese que repercuta no emprego duns 500 empregos directos, e máis de 600 indirectos.

A subvención prevista no Real Decreto destinarase á cobertura dos gastos relacionados co desenvolvemento e execución das actividades para as que foron concedidas, debendo realizarse antes do 30 de xuño de 2028. Así mesmo, a partir do 30 de xuño de 2026 , a empresa deberá ter un compromiso de gasto por un importe mínimo de 150 millóns de €.