Atrás

MINTUR publica a listaxe de solicitudes estimadas provisionalmente da convocatoria de concesión de axudas a proxectos de produción de baterías do vehículo eléctrico (PERTE VEC IV – Sección A)

Atrás
26/09/2025

MINTUR publica a listaxe de solicitudes estimadas provisionalmente da convocatoria de concesión de axudas a proxectos de produción de baterías do vehículo eléctrico (PERTE VEC IV – Sección A)

O Ministerio de Industria e Turismo publicou o 26 de setembro de 2025, a través de SEPIDES, a listaxe de solicitudes estimadas provisionalmente da convocatoria de axudas a proxectos de produción de baterías do vehículo eléctrico (PERTE VEC IV – Sección A).

A convocatoria publicada o 9 de xuño de 2025, cuxo prazo rematou o 17 de xullo de 2025, en concorrencia non competitiva, establecía un orzamento máximo de 280.000.000 €. Seleccionáronse os primeiros 6 beneficiarios, sendo o importe provisional concedido de 27.324.571 € (un 9,75 % do total orzamentado). Entre as entidades beneficiarias, hai dúas galegas (sombreadas en azul) que captaron 3.757.204 € (un 13,75 % do total concedido).

O detalle dos proxectos é o seguinte:

Entidade

Nome proxecto

CCAA

Importe concedido (€)

% Sobre o total concedido

RESONAC GRAPHITE SPAIN S.A.

Planta de producción a gran escala de grafito sostenible para ánodos de baterías de vehículos eléctricos. IKIGAI

Galicia

2.740.230

10,02 %

BASQUEVOLT S.A.

Nueva planta de fabricación de electrolitos para la producción de celdas de estado sólido con tecnología de Basquevolt destinadas al VEC.

País Vasco

6.148.113

22,50 %

GESTAMP PALENCIA S.A.

Inversión para la fabricación del Battery Box- Cover en Castilla y León

Castilla y León

1.660.834

6,07 %

CUMMINS NEW POWER S.L.U.

Industrialización de baterías avanzadas de LMFP para vehículos eléctricos

Castilla-La Mancha

10.868.347

39,77 %

BORGWARNER EMISSIONS SYSTEMS SPAIN S.L.

Nuevas líneas de producción para la fabricación de componentes esenciales para la gestión térmica de baterías

Galicia

1.016.974

3,72 %

MICRO ELECTROCHEMICAL TECHNOLOGIES S.L.

Nueva planta para la producción de baterías libres de metales para vehículos eléctricos

Castilla-La Mancha

4.890.073

17,90 %

Total concedido (€)

27.324.571

100%

 

O proxecto promovido por Cummins New Power S.L.U., que se leva a cabo en Castela-A Mancha, captou practicamente a metade da totalidade dos fondos concedidos de maneira provisional. Séguelle o proxecto de Basquevolt, que se desenvolve no País Vasco, o cal obtivo un 22,50 % do total resolto provisionalmente. Entre os dous proxectos repartiron máis do 60 % do total concedido.