Estás en:
MINTUR publica a nova proposta de resolución definitiva das axudas a actuación de fortalecemento do sector agro, convocatoria enmarcada no PERTE AGRO
MINTUR publica a nova proposta de resolución definitiva das axudas a actuación de fortalecemento do sector agro, convocatoria enmarcada no PERTE AGRO
O Ministerio de Industria e Turismo publicou o 6 de febreiro de 2024, a través da Dirección Xeral de Industria e da Pequena e Mediana empresa, unha nova proposta de Resolución Definitiva das axudas ás actuacións de fortalecemento industrial do sector agroalimentario, convocatoria do 2023 enmarcada no PERTE AGRO.
Tras a revisión das alegacións presentadas á nova proposta de resolución provisional do 25/01/2024 formulada en virtude do artigo 32.4 da Orde ICT/738/2022, do 28 de xullo, e á vista dos acordos adoptados pola Comisión. de Avaliación na súa reunión de data 5 de febreiro de 2023, formulouse unha nova Proposta de Resolución Definitiva, suxeita á existencia de dispoñibilidades presupostas, ás actuacións de fortalecemento industrial do sector agroalimentario. Esta nova proposta de resolución definitiva diminuíu o importe total concedido de 183.629.191 € a 181.575.916 €. A minoración de 2.116.276€ afecta a 4 dos 13 proxectos tractores beneficiarios. O proxecto tractor galego beneficiario SMARTZ4MILK non se viu reducido o importe da axuda concedida.
Segundo a convocatoria publicada o 29 de decembro de 2022, o orzamento máximo establécese en 510.000.000 €. Seleccionaron 13 proxectos, sendo o importe total concedido de 181.575.916 € (un 35,50 % do total orzamentado), Do total concedido, 19.963.001 € son en forma de préstamo é 161.512.941 € en forma de subvención. Entre os beneficiarios, hai un proxecto tractor gallego que obtivo un total de 9.712.406 € (un 5,35 % do total concedido).
| Beneficiario | Título do proxecto tractor | Préstamo Proposto | Subvención proposta | Importe axuda |
| Grupo LENCE | Cadena de valor láctea inteligente, trazable, sostenible y conectada (SMARTZ4MILK) | 312.305 € | 9.400.101 € | 9.712.406 € |
| Total concedido de axuda | 312.305 € | 9.400.101 € | 9.712.406 € | |