Estás en:
MINTUR publica a proposta de resolución definitiva do Programa de Mellora da Competitividade e de Dinamización do Patrimonio Histórico con uso turístico
MINTUR publica a proposta de resolución definitiva do Programa de Mellora da Competitividade e de Dinamización do Patrimonio Histórico con uso turístico
Ministerio de Industria e Turismo publicou o 22 de novembro de 2024, a través da Secretaría de Estado de Turismo, a proposta de resolución definitiva das axudas enmarcadas no Programa de Mellora da Competitividade e de Dinamización do Patrimonio Histórico con uso turístico.
Segundo a convocatoria publicada o 10 de xaneiro de 2023, cuxo prazo rematou o 11 de febreiro de 2023, o orzamento máximo establécese en 208.515.913 €. O 5 de xullo de 2024, na proposta de resolución provisional seleccionáronse 92 beneficiarios que no seu conxunto obtiveron 208.324.656 €. Entre os beneficiarios había catro entidades galegas que obtiveron 8.694.929 €. O 22 de novembro de 2024, publicouse a proposta de resolución definitiva sendo seleccionados 89 proxectos cun importe total concedido de 207.648.636 € (un 99,58 % do total orzamentado). Entre os beneficiarios hai catro entidades galegas que obtiveron un total de 9.603.123 € (un 4,62 % do total concedido).
Os 89 proxectos repártense en 13 comunidades autónomas, sendo Andalucía (42,9 millóns de €), a Rexión de Murcia (35,4 millóns €), Cataluña (30,7 millóns €) e a Comunidade Valenciana (29,3 millóns €) as que contarán cun maior orzamento financiable. Galicia atópase nunha 7ª posición respecto a outras rexións.
Entre a resolución provisional e a definitiva, cabe destacar a eliminación da concesión ao Concello da Coruña na que provisionalmente concedéranlle 2.091.804 € para o proxecto “Puesta en valor del Patrimonio Histórico con uso turístico del BIC conjunto histórico-artístico Cidade Vella de A Coruña”. Do mesmo xeito, o Concello de Ares non figuraba inicialmente entre os beneficiarios provisionais, sen embargo, na proposta de resolución definitiva concedéronlle 2.999.998 €.
O detalle dos beneficiarios galegos da proposta de resolución definitiva é o seguinte:
CIF | Nome beneficiario | Título do proxecto | Importe axuda (€) |
P3600000H | DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA | Proyecto de mejora patrimonial del Castillo de Soutomaior a través de la iluminación, la accesibilidad y tecnologías de realidad virtual | 2.514.122 |
P3600500G | CONCELLO DE CALDAS DE REIS | Jardín Botánico y Carballeira de Caldas de Reis. Museo Abierto 24/7 | 1.452.000 |
P3201400C | CONCELLO DE BOBORÁS | Mejora de la competitividad del conjunto histórico de pazos de Arenteiro en Boborás (Ourense) | 2.637.003 |
P1500400E | CONCELLO DE ARES | Monasterio de Santa Catalina de Montefaro, Ares, A Coruña. | 2.999.998 |
Total concedido de axuda (€) | 9.603.123 |