Estás en:
MINTUR publica a proposta de resolución provisional de axudas para o impulso da cadea de valor do vehículo eléctrico e conectado (PERTE VEC III – SECCIÓN B) no marco do PRTR para o ano 2024
MINTUR publica a proposta de resolución provisional de axudas para o impulso da cadea de valor do vehículo eléctrico e conectado (PERTE VEC III – SECCIÓN B) no marco do PRTR para o ano 2024
O Ministerio de Industria e Turismo publicou o 3 de abril de 2025 a proposta de resolución provisional, das axudas para o impulso da cadea de valor do vehículo eléctrico e conectado (PERTE VEC III – SECCIÓN B) para o ano 2024, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
A convocatoria, publicada o 4 de xullo de 2024, e cuxo prazo de presentación de solicitudes rematou o 4 de outubro de 2024, establecía un orzamento máximo de 353.082.251 €. Seleccionáronse provisionalmente un total de 22 proxectos, sendo o importe total concedido de 216.156.422 €, 148.880.277 € en forma de subvención e 67.276.145 € en forma de préstamo (un 61,22 % do orzamento total). Hai 2 beneficiarios galegos cun total concedido de de 2.846.358 € (o 1,32 % do importe da subvención).
Os 2 proxectos galegos beneficiarios incluídos na proposta de resolución provisional son os seguintes:
Nome beneficiario | Título proxecto | Municipio | Total concedido subvención (€) | Total concedido préstamo (€) | Total concedido (€) |
BENTELER AUTOMOTIVE VIGO, S.L. | Nuevas inversiones en la planta de Mos de Benteler para la mejora de la eficiencia energética en la producción de piezas destinadas al vehículo eléctrico | Mos (Pontevedra) | 1.510.410 | 445.725 | 1.956.135 |
GESTAMP VIGO, S.A. | Inversiones innovadoras y eficientes en Gestamp Vigo para la fabricación de componentes de chasis y estructurales del Vehículo Eléctrico y Conectado | O Porriño (Pontevedra) | 682.249 | 207.974 | 890.223 |
Total (€) | 2.192.659 | 653.699 | 2.846.358 |
A análise da distribución por CCAA das axudas concedidas é a seguinte:
PERTE VEC III - SECCIÓN B (Convocatoria 2024) | |||||
CCAA | Nº Beneficiarios | Total concedido subvención (€) | Total concedido préstamo (€) | Total concedido (€) | %Sobre o concedido |
Aragón | 2 | 65.258.178 | 19.961.370 | 85.219.548 | 39,42% |
Cataluña | 2 | 4.832.409 | 24.693.917 | 29.526.326 | 13,66% |
Extremadura | 1 | 17.210.630 | 6.189.845 | 23.400.475 | 10,83% |
Valencia | 3 | 18.417.195 | 4.356.651 | 22.773.846 | 10,54% |
País Vasco | 3 | 13.765.002 | 1.978.242 | 15.743.244 | 7,28% |
Castilla y León | 2 | 8.798.115 | 3.183.600 | 11.981.715 | 5,54% |
Madrid | 1 | 8.232.860 | 3.610.172 | 11.843.032 | 5,48% |
Andalucía | 2 | 3.983.086 | 1.156.968 | 5.140.054 | 2,38% |
Navarra | 2 | 3.905.946 | 811.139 | 4.717.085 | 2,18% |
Galicia | 2 | 2.192.659 | 653.699 | 2.846.358 | 1,32% |
Cantabria | 1 | 922.133 | 680.542 | 1.602.675 | 0,74% |
Murcia | 1 | 1.362.064 | 0 | 1.362.064 | 0,63% |
Asturias |
|
|
|
| 0,00% |
Castilla La Mancha |
|
|
| 0,00% | |
Islas Canarias |
|
|
|
| 0,00% |
La Rioja |
|
|
| 0,00% | |
Islas Baleares |
|
|
|
| 0,00% |
Total | 22 | 148.880.277 | 67.276.145 | 216.156.422 |
|
Aragón é CCAA con máis axudas concedidas, o 39,42 % do total concedido. Isto debese principalmente as axuda obtida por STELLANTIS ESPAÑA, S.L. con 61,8 millóns de € en forma de subvención e 19,9 millóns de € en forma de préstamo para o proxecto “Plan de inversión innovador en sostenibilidad y eficiencia energética para la Gigafactoría de Stellantis en Figueruelas”. Cataluña ocupa un segundo lugar, cun 13,66 % do total concedido a nivel nacional. Galicia ocupa a décima posición, un total de 2.846.358 € foron concedidos a 2 proxectos galegos nesta convocatoria, o que representa un 1,32 % do total concedido a nivel nacional.