Estás en:
MINTUR publica a resolución de axudas para o impulso á cadea de valor do vehículo eléctrico e conectado (PERTE VEC III – SECCIÓN B) no marco do PRTR para o ano 2024
MINTUR publica a resolución de axudas para o impulso á cadea de valor do vehículo eléctrico e conectado (PERTE VEC III – SECCIÓN B) no marco do PRTR para o ano 2024
O Ministerio de Industria e Turismo publicou o 9 de setembro de 2025, a resolución de concesión definitiva da convocatoria de Axudas a proxectos para o impulso á cadea de valor do vehículo eléctrico e conectado (PERTE VEC - SECCIÓN B) para o ano 2024.
A convocatoria publicada o 4 de xullo de 2024, e cuxo prazo de presentación de solicitudes terminou o 4 de outubro de 2024, establecía un orzamento máximo de 353.082.251 €. Seleccionáronse 10 proxectos, previamente recollidos na proposta de resolución provisional e definitiva, sendo o importe total concedido de 81.845.969 €, 45.276.552 € en forma de subvención e 36.569.447 € en forma de préstamos. Entre os proxectos, hai 2 beneficiarios galegos cun total concedido de 2.846.358 € (un 3,47 % sobre o concedido).
Os 2 proxectos beneficiarios galegos incluídos na resolución son os seguintes:
| Nome beneficiario | Título proxecto | Municipio | Total concedido subvención (€) | Total concedido préstamo (€) | Total concedido (€) |
| BENTELER AUTOMOTIVE VIGO, S.L. | Nuevas inversiones en la planta de Mos de Benteler para la mejora de la eficiencia energética en la producción de piezas destinadas al vehículo eléctrico | Mos (Pontevedra) | 1.510.410 | 445.725 | 1.956.135 |
| GESTAMP VIGO, S.A. | Inversiones innovadoras y eficientes en Gestamp Vigo para la fabricación de componentes de chasis y estructurales del Vehículo Eléctrico y Conectado | O Porriño (Pontevedra) | 682.249 | 207.974 | 890.223 |
| Total (€) | 2.192.659 | 653.699 | 2.846.358 | ||