Estás en:
MINTUR publica a resolución de concesión das Axudas para a Descarbonización da Industria Manufacturera do PERTE de Descarbonización Industrial
MINTUR publica a resolución de concesión das Axudas para a Descarbonización da Industria Manufacturera do PERTE de Descarbonización Industrial
O Ministerio de Industria e Turismo publicou a resolución de concesión das axudas para a descarbonización da industria manufacturera (liña 1) como parte do PERTE de Descarbonización Industrial.
Segundo a convocatoria publicada o 26 de decembro de 2023, cuxo prazo rematou o 17 de abril de 2024, o orzamento máximo establécese en 999.800.000 €, sendo 500.000.000 € en forma de préstamo, e 499.800.000 € en forma de subvención.
O 22 de xullo de 2025 publicáronse os beneficiarios estimados de maneira provisional, na que se concederon 539.659.870 € a 119 proxectos, dos cales 7 son galegos, aos que se lles concederon provisionalmente 34.809.565 € (un 6,45 % do total concedido). O 22 de setembro de 2025 publicáronse os beneficiarios estimados de maneira definitiva, na mesma concedéronse 527.659.948 € a 84 proxectos, dos cales 6 son galegos, aos que se lles concederon 39.413.129 € (un 7,46 % do total concedido). O proxecto galego que non aceptou a axuda foi STELLANTIS ESPAÑA SL para o seu proxecto “Descarbonización complexo industrial master battery”.
E por último, o 4 de novembro de 2025 publicouse a resolución de concesión na cal se conceden 465.180.383 € a 72 proxectos que aceptaron a axuda, na que se inclúen os 6 proxectos galegos beneficiarios na resolución definitiva por un total de 39.413.129 € (un 8,47 % do total concedido).
Os 6 proxectos galegos beneficiarios destas axudas son os seguintes:
| CIF | Nome beneficiario | Título do proxecto | Total concedido de axuda (€) |
| B70056957 | EXLABESA EXTRUSION PADRON, SL | DESCARBONIZACIÓN DE INSTALACIÓN DE FUNDICIÓN DE ROIS | 3.983.259 |
| A85255370 | FERROGLOBE SPAIN METALS S.A. | VAGALUME: Descarbonización del proceso de producción de silicio. | 11.790.371 |
| A36618247 | GESTAMP VIGO S.A. | Descarbonización total de la instalación de Gestamp Vigo | 4.442.902 |
| A15011018 | RESONAC GRAPHITE SPAIN S.A. | Descarbonización y reaprovechamiento energético del proceso de cocción de electrodos de grafito mediante la implantación de distintas soluciones renovables. H2-DCEG. | 2.583.804 |
| A80420516 | XALLAS ELECTRICIDAD Y ALEACIONES S.A. | Planta de conversión de madera en carbón vegetal | 8.666.693 |
| B27453398 | TABLEROS | Descarbonización del proceso de secado de astilla | 7.946.100 |
| Total concedido de axuda (€) | 39.413.129 | ||
As ligazóns ás listaxes de solicitudes provisional, definitiva e resolución de concesión da convocatoria e á ficha indícanse a continuación: