Atrás

MINTUR publica a resolución definitiva de axudas para actuacións de integración e transformación da cadea de valor industrial do sector naval, convocatoria enmarcada no PERTE NAVAL

Atrás
16/04/2024

MINTUR publica a resolución definitiva de axudas para actuacións de integración e transformación da cadea de valor industrial do sector naval, convocatoria enmarcada no PERTE NAVAL

O Ministerio de Industria e Turismo publicou o 16 de abril de 2024, a través da Secretaría de Estado de Industria, a Resolución Definitiva de axudas para actuacións de integración e transformación da cadea de valor industrial do sector naval, convocatoria para 2022 enmarcada no PERTE NAVAL.

Segundo a convocatoria publicada o 21 de decembro de 2022, o orzamento máximo fíxase en 190.000.000 €. Seleccionáronse 4 proxectos tractores, sendo o importe total concedido 81.023.372 € (un 42,65% do total orzamentado). Os detalles dos proxectos tractores son os seguintes:

 

Título do proxecto Tractor

Subvención máxima (€)

INNCODIS: DESARROLLO DE UN ECOSISTEMA INDUSTRIAL INNOVADOR PARA UN SECTOR NAVAL COMPETITIVO, DIVERSIFICADO Y SOSTENIBLE

57.976.597

ECONAVAL. ADAPTACIÓN CIENTÍFICO TECNOLÓGICA DE LA CADENA DE VALOR DEL SECTOR NAVAL PARA UNA TRANSICIÓN SOSTENIBLE, ECOLÓGICA Y DIGITAL

8.497.625

SAIL2FUTURE: ENERGÍAS RENOVABLES MARINAS PARA UN TRANSPORTE MARÍTIMO MÁS ESPECIALIZADO, EFICIENTE Y SOSTENIBLE

7.073.973

TECNAVAL 2025: PROYECTO INTEGRADOR DEL TEJIDO INDUSTRIAL NAVAL PARA ALCANZAR LA DIVERSIFICACIÓN, LA DIGITALIZACIÓN Y LA SOSTENIBILIDAD A TRAVÉS DE LA TECNOLOGÍA

7.475.177

Total concedido de axuda (€)

81.023.372

 

Segundo a nota de prensa publicada polo Goberno, o importe total concedido repártese entre 65 proxectos de 107 empresas.

Na resolución definitiva do 16 de abril de 2024 coñécense por primeira vez as empresas e axudas que integran os proxectos primarios de cada proxecto tractor.

Na análise dos proxectos primarios,  identificáronse 12 beneficiarios galegos que en conxunto obtiveron un total de 7.042.298 €, o que supón o 8,69% do total concedido nesta convocatoria.

 

Proxecto tractor

Beneficiario/proxecto primario

Total concedido de axuda (€)

INNCODIS

ASTILLEROS RÍA DE VIGO, S.A.

583.119

NODOSA S.L.

1.144.942

STGO DISEÑO Y MULTIMEDIA, S.L.

932.355

WILLBO ENGINEERING 2 BUILD, SL

580.221

TEIMAS DESENVOLVEMENTO, S.L.

82.640

REVERTIA REUSING AND RECYCLING SL

159.586

NAVANTIA S.A., S.M.E. (1)

1.900.000

TECNCAVAL 2025

CONSTRUCCIONES NAVALES P.FREIRE, S.A.

56.796

ASTILLEROS SAN ENRIQUE, S.L.U.

48.163

INDUSTRIAS GUERRA, S.A.

469.995

AR VR MEIFUS ENGINEERING SL

185.123

WILLBO ENGINEERING 2 BUILD, SL

899.358

Total concedido de axuda (€)

7.042.298

 

 

(1) Segundo as fichas territoriais publicados polo Goberno o 05/04/2024, informan para ó PERTE NAVAL que un importe de 1,9M€ corresponden aos estaleiros galegos de NAVANTIA S.A.,S.M.E.