Atrás

MINTUR publica a resolución provisional da convocatoria IPCEI ME/TC enmarcada no PERTE CHIP

Atrás
09/05/2024

MINTUR publica a resolución provisional da convocatoria IPCEI ME/TC enmarcada no PERTE CHIP

O Ministerio de Industria e Turismo publicou o 9 de maio de 2024, a través da Secretaría de Estado de Industria, a proposta de resolución provisional da Convocatoria Anticipada de axudas para o ano 2024, dirixida aos participantes directos no IPCEI ME/TC , convocatoria enmarcada no PERTE CHIP.

A convocatoria, publicada o 22 de decembro de 2023, fixa o seu obxectivo sobre a concesión de axudas ás entidades españolas recoñecidas como participantes directos no Proxecto Importante de Interese Común Europeo (IPCEI) sobre Microelectrónica e Tecnoloxías da Comunicación da Comisión Europea. O orzamento máximo fíxase en 125.000.000 €. Seleccionáronse provisionalmente dúas entidades que obtiveron un total de 65.396.626 € (52,32% do total orzamentado). Ningunha das dúas entidades beneficiarias é de Galicia.

 

Beneficiario

Proxecto tractor

Subvención proposta (€)

KNOWLEDGE DEVELOPMENT FOR POF, S.L.

RUGGED OPTICAL – IPCEI ME/CT

26.816.326

SEMIDYNAMICS TECHNOLOGY SERVICES, S.L.

Avanzado

38.530.300

Total (€)

65.396.626