Atrás

MINTUR publica sete novos beneficiarios provisionais da convocatoria PERTE AGRO II

Atrás
28/05/2025

MINTUR publica sete novos beneficiarios provisionais da convocatoria PERTE AGRO II

O Ministerio de Industria e Turismo publicou o 28 de maio de 2025, a través da Secretaría de Estado de Industria, a proposta de Resolución provisional da Convocatoria Axudas a Proxectos Industriais no Sector Agroalimentario (PERTE AGRO II).

A convocatoria publicada o 19 de setembro de 2024, cuxo prazo de presentación de solicitudes finalizou o 5 de outubro de 2024, establecía un orzamento máximo de 100.000.000 €. O 14 de marzo de 2025 publicouse a proposta de resolución provisional na que se concederan 22.897.031 € (un 22,90 % do total orzamentado). O 28 de maio de 2025, publicouse unha nova proposta de resolución provisional na que se elixiron sete novos beneficiarios que obtiveron 3.270.586 €. Entre os beneficiarios hai unha entidade galega que obtivo 439.320 €.

O detalle dos proxectos seleccionados nesta nova proposta de resolución provisional é o seguinte:

Entidad solicitante

Proxecto

CCAA

Importe axuda (€)

Compañía de Vinos Telmo Rodríguez

Plataforma Integral para la Gestión y Mejora de Procesos en la Industria
Vitivinícola

País Vasco

305.294

Noel Alimentaria

Mejora tecnológica sustancial en el tratamiento de aguas residuales para su
reutilización en el propio proceso productivo

Cataluña

330.420

León Sin Gluten

Inversión en Equipos para la producción eficiente de Pan y Bollería Sin Gluten de Alta Calidad.

Madrid

43.496

Unión Martín

Desarrollo de filetes de pescados de alta disponibilidad a base de nuevas soluciones salinas basadas en bacterias lácticas.

Islas Canarias

409.455

Ibercacao

Inversiones para la mejora de la eficiencia energética en la planta de Ibercacao.

Toledo

859.581

Jovi Serrano

Nuevas instalaciones energéticamente eficientes para la producción de nuggets y hamburguesas

Sevilla

883.020

Compañía Española de Algas Marinas

Adquisición e implementación de nuevos equipos innovadores destinados al
incremento del nivel de protección del medio ambiente en el proceso productivo de hidrocoloides

Galicia

439.320

Total concedido de axuda (€)

3.270.586