Estás en:
MINTUR publica unha nova listaxe de solicitudes estimadas provisionalmente actualizada das Axudas á Descarbonización da Industria manufactureira, convocatoria enmarcada no PERTE de Descarbonización Industrial
MINTUR publica unha nova listaxe de solicitudes estimadas provisionalmente actualizada das Axudas á Descarbonización da Industria manufactureira, convocatoria enmarcada no PERTE de Descarbonización Industrial
O Ministerio de Industria e Turismo publicou o 1 de xullo de 2024, a través da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e da Pequena e Mediana Empresa, a listaxe de solicitudes estimadas provisionalmente actualizada de axudas para a descarbonización da industria manufactureira no marco do PERTE de descarbonización industrial.
Segundo a convocatoria publicada o 26 de decembro de 2023, cuxo prazo rematou o 17 de abril de 2024, o orzamento máximo establécese en 999.800.000 €, con 500.000.000 € en forma de préstamo, e 499.800.000 € en forma de subvención. Seleccionáronse provisionalmente 12 novos beneficiarios, que en conxunto obtiveron 123.462.990 € en forma de subvención. A día de hoxe, esta convocatoria ten seleccionados provisionalmente un total de 27 proxectos aos que concedeu en forma de subvencións un total de 219.401.248 €, o que supón o 21,94% do total orzamentado.
A distribución xeográfica por CCAA dos proxectos seleccionados é a seguinte:
|
| Axudas para a Descarbonización da Industria manufactureira | ||
|
| Nº Beneficiarios | Total concedido (€) | %Sobre o concedido |
| Principado de Asturias | 2 | 69.588.685 | 31,72% |
| Castilla y León | 3 | 35.277.419 | 16,08% |
| Cantabria | 2 | 33.185.107 | 15,13% |
| Galicia | 4 | 26.863.465 | 12,24% |
| Castilla-La Mancha | 2 | 17.855.099 | 8,14% |
| País Vasco | 3 | 10.735.824 | 4,89% |
| Cataluña | 3 | 7.441.442 | 3,39% |
| Valencia | 3 | 5.037.418 | 2,30% |
| Extremadura | 1 | 3.427.725 | 1,56% |
| Andalucía | 1 | 2.969.953 | 1,35% |
| La Rioja | 1 | 2.950.110 | 1,34% |
| Aragón | 1 | 2.830.551 | 1,29% |
| Murcia | 1 | 1.238.449 | 0,56% |
| Islas Baleares |
|
| 0,00% |
| Islas Canarias |
|
| 0,00% |
| Madrid |
|
| 0,00% |
| Navarra |
|
| 0,00% |
| Total | 27 | 219.401.248 |
|
Entre os proxectos seleccionados, figura un novo beneficiario galego, XALLAS ELECTRICIDAD Y ALEACIONES SA, que obtivo 8.666.693 € para o seu proxecto “Planta de conversión de madeira en carbón vexetal”. Ata a data, un total de 26.863.465 € concederonse a 4 proxectos galegos nesta convocatoria, o que representa o 21,94% do total concedido a nivel nacional. Nestes momentos Galicia ocupa a 4º posición en relación ás axudas concedidas por CCAA.
| CIF | Nome do beneficiario | Título do proxecto | Total concedido de axuda (€) |
| A85255370 | FERROGLOBE SPAIN METALS S.A. | VAGALUME: Descarbonización del proceso de producción de silicio. | 11.790.371 |
| A36618247 | GESTAMP VIGO S.A. | Descarbonización total de la instalación de Gestamp Vigo | 3.822.597 |
| A15011018 | RESONAC GRAPHITE SPAIN S.A. | Descarbonización y reaprovechamiento energético del proceso de cocción de electrodos de grafito mediante la implantación de distintas soluciones renovables. H2-DCEG. | 2.583.804 |
| A80420516 | XALLAS ELECTRICIDAD Y ALEACIONES SA | Planta de conversión de madera en carbón vegetal | 8.666.693 |
| Total (en €) | 26.863.465 | ||