Atrás

MITECO publicou a proposta de resolución definitiva do Programa RENOVIC

Atrás
29/11/2023

MITECO publicou a proposta de resolución definitiva do Programa RENOVIC

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, publicou o 29 de novembro de 2023, a través do Instituto para a Diversificación Enerxética (IDAE) a proposta de resolución definitiva da Primeira Convocatoria de axudas para Instalacións de xeración eléctrica a partir de fondos renovables nas Islas Canarias.

Segundo a convocatoria publicada o 26 de maio de 2023, o orzamento máximo establécese en 84.900.000 €. Seleccionaron 50 expedientes, sendo o importe total concedido de 84.863.578 € (un 99,95 % sobre o total orzamentado). Un total de 6.888.137 € foron concedidos a cinco entidades galegas, o que representa un 8,11 % sobre o total concedido.

O detalle das entidades é o seguinte:

CIF

Nome beneficiario

Importe axuda (€)

B70510854

YESQUERA DE ALUCE S.L.

1.437.792

B01744960

VIOLETA PALMERA S.L.

1.292.266

B02751352

EÓLICOS DE MATORRAL S.L.

1.292.266

B70510847

ALAMILLO DE DORAMAS S.L.

1.292.266

B70468871

CARDO DE PLATA S.L.

1.573.546

Total concedido de axuda (€)

6.888.137