Atrás

Mitma convoca 20 millóns de euros en axudas para que o transporte de mercadorías por estrada suba os camións aos buques

Atrás
20/09/2022

Mitma convoca 20 millóns de euros en axudas para que o transporte de mercadorías por estrada suba os camións aos buques

Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) publicou a primeira convocatoria de axudas do programa de Eco-incentivos marítimos, dotada con 20 millóns de euros.

Esta convocatoria trata de incitar ao sector do transporte de mercadorías por estrada a subir os camións nos buques. O obxectivo das subvencións, incluídas no PRTR é impulsar o transporte internacional de mercadorías por vía marítima como alternativa á estrada, baseado nun mérito ambiental e socioconómico. As axudas desta primeira convocatoria diríxense aos transportistas, cargadores ou operadores loxísticos, tanto empresas como autónomos, que opten por eembarcar os semirremolques, remolques ou vehículos pesados ríxidos nun buque ro-ro, con-ro ou ro-pax, en lugar de utilizar exclusivamente a estrada para trasladar a mercadoría ó seu destino final, entre o 21 de setembro de 2022 e o 31 de marzo de 2023. O programa de eco-incentivo marítimo inclúese no componente 6 do PRTR e conta cun orzamento inicial total de 60 millóns de euros, polo que se prevé a organización de convocatorias sucesivas, ás que se podrán sumar novos operadores e servizos, ata 2025, ata consumir os fondos europeos NextGenerationEU asignados, tal e como reflexan as bases reguladoras aprobadas na Orde TMA/391/2022, de 26 de abril. Neste sentido, o prazo para a presentación de solicitudes na 2ª ventana de selección de entidades colaboradoras será dende o 8 de xaneiro ata o 27 de xaneiro de 2023. Deste xeito, iníciase o proceso de preparación da segunda convocatoria de beneficiarios que dará continuidade ao programa.