Estás en:
Atrás
Modificación das convocatorias de axudas Programa de incentivos para proxectos piloto singulares de comunidades enerxéticas (PROGRAMA CE IMPLEMENTA)
Atrás
28/09/2024
Modificación das convocatorias de axudas Programa de incentivos para proxectos piloto singulares de comunidades enerxéticas (PROGRAMA CE IMPLEMENTA)
Modificáronse as seguintes convocatorias enmarcadas no PERTE ERHA:
A 5ª convocatoria do Programa de Incentivos a proxectos piloto singulares de comunidades enerxéticas (Programa CE IMPLEMENTA):
- Modifícase o apartado 2 da disposición Oitava :
"O valor do custo total subvencionable de todas as accións da área de actuación de Xestión da Demanda presentadas nun proxecto non poderá exceder o 40% do custo subvencionable total do proxecto".
Modificación: “O valor do custo total subvencionable de todas as actuacións da área de actuación de Xestión da Demanda presentadas nun proxecto non poderá superar o 20% do custo total subvencionable do proxecto”. - O resto dos aspectos modificados están relacionados con cuestións técnicas, recollidos nos Anexos da resolución.
A 6ª convocatoria do Programa de Incentivos a proxectos piloto singulares de comunidades enerxéticas (Programa CE IMPLEMENTA):
- Modifícase o apartado 5 da disposición Sétima :
“Establécese un investimento mínimo por proxecto de 1.000.000 euros”
Modificación : Establécese un investimento mínimo por proxecto superior a 1.000.000 €” - Modifícase o artigo 2 da disposición oitava :