Estás en:
O CDTI publica a resolución definitiva parcial do Programa “Misións de Ciencia e Innovación” para o ano 2024
O CDTI publica a resolución definitiva parcial do Programa “Misións de Ciencia e Innovación” para o ano 2024
O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades publicou o 20 de decembro de 2024, a través do CDTI, a resolución definitiva parcial da convocatoria do Programa “Misións de Ciencia e Innovación” para o ano 2024.
Segundo a convocatoria publicada o 1 de xullo de 2024, cuxo prazo de presentación de solicitudes finalizou o 2 de setembro de 2024, o orzamento máximo fíxase en 84.000.000 €. Seleccionáronse 19 proxectos sendo o importe total concedido de 56.200.752 € (un 66,91 % do total orzamentado). Entre os beneficiarios hai 5 entidades galegas, que captaron un total de 3.533.017 € (un 6,29 % do total concedido).
O detalle das entidades galegas é o seguinte:
| Beneficiario | Proxecto | Importe axuda (€) |
| NORVENTO TECNOLOGÍA S.L. | Circularidad en la Repotenciación de Parques Eólicos mediante reutilización, reciclado, ecodiseño y desarrollo de nuevos materiales reciclables y reparables. | 1.408.832 |
| TECNOLOGIAS PLEXUS SL | CRITIC: Tecnologías disruptiva para la protección, evaluación y operación segura de dispositivos industriales conectados. | 546.190 |
| TIPOLOGIAS ESTRUCTURALES EN MADERA HORMIGON Y ACERO SL | Circularidad en la Repotenciación de Parques Eólicos mediante reutilización, reciclado, ecodiseño y desarrollo de nuevos materiales reciclables y reparables. | 270.820 |
| NODOSA S.L. | CASANDRA – Impulsando la adopción de flujos de datos en la cadena de suministro integrando control inteligente y descentralizado para la fabricación de piezas de gran tamaño. | 369.370 |
| GALCHIMIA S.A. | Desarrollo de precandidatos con nuevos mecanismos de acción contra la salmonella invasiva no tifoidea. | 937.805 |
| Total concedido de axuda (€) | 2.515.716 | |