Estás en:
O CDTI resolve a convocatoria de axudas a Centros Tecnolóxicos de Excelencia “Cervera”
O CDTI resolve a convocatoria de axudas a Centros Tecnolóxicos de Excelencia “Cervera”
O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades publicou o 27 de marzo de 2024, a través do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial, a resolución definitiva da convocatoria para o ano 2023 do procedemento de acreditación e concesión de axudas destinadas a Centros Tecnolóxicos de Excelencia “Cervera”. De acordo ás Bases Reguladoras, a convocatoria forma parte dos PERTEs ERHA, AGRO e Aeroespacial.
Segundo a convocatoria publicada o 14 de xullo de 2023, e cuxo prazo rematou o 21 de septembro de 2023, o orzamento máximo establécese en 40.000.000 €. Seleccionaron 12 solicitudes, levadas a cabo por 53 entidades, sendo o total concedido de 38.300.849 €, o que representa un 95,75 % do total orzamentado. Un total de 2.425.842 € (un 6,33 % do total concedido) foron concedidos a dous entidades galegas para a participación en tres proxectos distintos.
O detalle das entidades galegas é o seguinte:
CIF | Nome beneficiario | Título proxecto | Importe axuda (€) |
G36997229 | FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DAS TELECOMUNICACIÓNS DE GALICIA | CONTRAMEDIDAS INTELIGENTES DE CIBERSEGURIDAD PARA LA RED DEL FUTURO | 976.820 € |
G36997229 | FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DAS TELECOMUNICACIÓNS DE GALICIA | 6G DISTRIBUTED AND FEDERATED EXPERIMENTS IN RADIO, EDGE AND NON-TERRESTRIAL NETWORKS | 799.257 € |
G15305923 | FUNDACIÓN INSTITUTO TECNOLÓXICO DE GALICIA | CONSORCIO CERVERA PARA LA ALIANZA DE CENTROS TECNOLOGICOS PARA LA INNOVACION EN APLICACIONES QUANTUM COMPUTING PARA LA EMPRESA | 649.765 € |
Total concedido de axuda | 2.425.842 € |