Estás en:
O Centro de Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica E.P.E. (CDTI) publica a resolución definitiva da convocatoria de subvencións de axudas públicas para o Programa Tecnolóxico Espacial, incluídas no PERTE Aeroespacial, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

O Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico e Innovación E.P.E. (CDTI) publicou o 8 de xaneiro de 2025 a resolución definitiva da convocatoria de subvencións de axudas públicas para o Programa Tecnolóxico Espacial, incluídas no PERTE Aeroespacial.
A convocatoria publicada o 15 de maio de 2024, cuxo prazo de presentación de solicitudes rematou o 19 de xuño de 2024, estableceu un orzamento máximo de 70.000.000 €. Seleccionáronse de forma definitiva un total de 24 proxectos, sendo o importe concedido de 70.000.000 €.
Dos proxectos beneficiarios da axuda, dúas as entidades galegas obtiveron un total de 1.957.539 €, o que supón o 2,80 % do total concedido a nivel nacional e cuxos datos se facilitan a continuación:
Nome beneficiario | Título do proxecto | Localización | Total concedido de axuda (€) |
ALEN SPACE, S.L. | LEOPNT-P: CARGA DE PAGO (PAYLOAD) ASEQUIBLE Y COMPACTA DISTRIBUIDA SOBRE SATÉLITES DE CONSTELACIONES EN ÓRBITA BAJA PARA PROPORCIONAR SERVICIOS DE NAVEGACIÓN Y TIEMPO (LEOPNT) | Nigrán | 793.312 |
KREIOS SPACE, S.L. | CONECTOR UNIVERSAL PARA LA GESTIÓN INDEPENDIENTE DE CARGAS ÚTILES | Lugo | 369.185 |
KREIOS SPACE, S.L. | PROYECTO ICARO: DISEÑO DE UN SISTEMA DE OBSERVACIÓN DE LA TIERRA EN VLEO PARA LA LUCHA CONTRA INCENDIOS | Lugo | 795.041 |
Total (€) | 1.957.539 |