Atrás

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) publica o listado de beneficiarios das axudas para a execución de proxectos innovadores da AEI-agri, enmarcadas no PERTE AGRO

Atrás
08/04/2024

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) publica o listado de beneficiarios das axudas para a execución de proxectos innovadores da AEI-agri, enmarcadas no PERTE AGRO

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a través do Fondo Español de Garantía Agraria O.A, (FEGA), publicou no Sistema Nacional de Publicidade de Subvencións e Axudas Públicas-SNPSAP (antiga BDNS), o listado de beneficiarios das axudas do ano 2022 para a execución de proxectos de innovación de interese xeral por grupos operativos da Asociación Europea para a Innovación en materia de productividade e sustentabilidade agrícolas (AEI-Agri), no marco de Programa Nacional de Desenrolo Rural 2014-2022, con fondos procedentes do Instrumento de Recuperación Europeo (EU Next Geeration) e enmarcada no PERTE AGRO.

Segundo a convocatoria publicada o 22 de marzo de 2022, cuxo plazo rematou o 26 de abril de 2022, o orzamento máximo establécese en 12.156.368 €. Publicaronse axudas a 23 beneficiarios concedendose un total de 3.155.429 € (un 25% do total orzamentado). Entre os beneficiarios publicados, non hai entidades galegas. Segundo a información publicada polo propio FEGA, recibironse un total de 118 solicitudes de axuda, cunha petición acumulada de fondos cinco veces superior ao crédito existente na convocatoria polo que esperase que publiquen máis beneficiarios.

Ligazóns