Atrás

O Goberno abre a convocatoria Misións Chip para potenciar o deseño de semiconductores e microelectrónica

Atrás
26/05/2023

O Goberno abre a convocatoria Misións Chip para potenciar o deseño de semiconductores e microelectrónica

O Goberno lanzou a convocatoria do Proxecto Estratéxico de Microelectrónica e Semiconductores – coñecido como PERTE Chip – para fortalecer o ecosistema de centros de deseño existente en España e atraer a novos actores. A convocatoria das Misións Chip realizouna o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI), adscrito ó Ministerio de Ciencia e Innovación, e coordinada co Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e o comisionado especial do PERTE Chip. Destínanse a proxectos de investigación I+D que potencien as capacidades científicas no ámbito da microelectrónica e os semiconductores, que estimulen a colaboración público-privada e que melloren a base do coñecemento e a tecnoloxía das empresas españolas. Este é un dos pilares do PERTE Chip, aprobado fai un ano no Consello de Ministros co obxectivo de convertir España nun dos referentes europeos da industria de semiconductores e microelectrónica. Estas axudas, en concorrencia competitiva, contan cun orzamento de 60 millóns de euros financiados cos fondos Next Generation EU e permitirán fortalecer o ecosistema de centros de diseño existente en España e atraer a novos actores. As Misións Chip financiarán proxectos de I+D empresarial en cooperación – con posibilidade de establecer consorcios- con orzamento de entre 3 e 15 millóns de euros, sendo variable a intensidade máxima da subvención: 65% para grandes empresas; 75% para medianas; e 80% para as pequenas. As solicitudes poderán presentarse do 5 de xuño ó 17 de xullo ás 12:00 pm, na sede electrónica do CDTI.