Estás en:
O Goberno adxudica 104,52 millóns a 119 proxectos para modernizar os mercados municipais
O Goberno adxudica 104,52 millóns a 119 proxectos para modernizar os mercados municipais
O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo publicou a proposta de resolución definitiva da segunda convocatoria das liñas de axudas ao sector comercial. Finalmente, 119 proxectos recibirán un total de 104,52 millóns de euros, cuxo financiamento procede dos fondos Next Generation EU, que contemplan unha dotación global de 415 millóns de euros entre os anos 2021 a 2023 para favorecer e impulsar a competitividade do pequeno comercio. Os concursos convocados no 2022 con cargo ás liñas de apoio ao sector comercial contaron cunha gran participación como pon de manifesto o elevado número de solicitudes recibidas, alcanzando as 280 solicitudes nas liñas de mercados urbanos sostibles, 188 en zonas rurais e 131 nas zonas de afluencia turística.
Das tres convocatorias concedeuse a Galicia un total de 7.667.904 €, o que representa un 7,3 % sobre o total concedido.