Atrás

O Goberno alcanza os 100 proxectos de emprendemento femenino dixital financiados a través da línea ENISA

Atrás
05/10/2022

O Goberno alcanza os 100 proxectos de emprendemento femenino dixital financiados a través da línea ENISA

O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, alcanzou os 100 proxectos de emprendemento femenino dixital financiados a través da línea ENISA.  Este programa destinará ata 51 millóns de euros nos próximos tres anos para romper a brecha do acceso ó financiamento das emprendedoras no ámbito dixital. No 2022, o orzamento destinado ascendeu a 17 millóns de euros. O instrumento financeiro, financiado polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e xestionado a través de ENISA, é o préstamo participativo, con importes entre os 25.000 e 1.500.000 euros, que non exixe máis garantías que as do propio proxecto empresarial e un equipo xestor solvente.