Atrás

O Goberno amplía as axudas MOVES III para a mobilidade eléctrica ata o 31 de xullo

Atrás
14/11/2023

O Goberno amplía as axudas MOVES III para a mobilidade eléctrica ata o 31 de xullo

O Consello de Ministros, a petición do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), aprobou un Real Decreto que prórroga o programa de incentivos á mobilidade eléctrica (MOVES III) ata o 31 de xullo de 2024, prorrogando sete meses máis a súa vixencia, que vencería ao final do ano. O Programa MOVES III está dotado con 1.200 millóns de euros, tras sufrir dúas ampliacións orzamentarias pola gran cantidade de solicitudes recibidas. O PRTR establece o fito de acadar as 238.000 solicitudes de axuda para vehículos eléctricos e puntos de recarga en 2023 e o obxectivo cumpriuse: hai máis de 250.000 solicitudes rexistradas e aínda quedan preto de 290 millóns dispoñibles para seguir atendendo a demanda. Considerando todo o ecosistema de axudas á mobilidade eléctrica MOVES deseñado polo Goberno, é dicir, MOVES II e III, MOVES Flotas e MOVES Singulares, xa se lanzaron convocatorias de axudas por 1.500 millóns no marco do PRTR.