Estás en:
O Goberno anuncia os 11 primeiros Proxectos emblemáticos de transformación dixital seleccionados dentro do programa RETECH
O Goberno anuncia os 11 primeiros Proxectos emblemáticos de transformación dixital seleccionados dentro do programa RETECH
O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital presidiu a Conferencia Sectorial para a Transformación Dixital. Durante a mesma, anunciáronse os resultados da invitación pública do programa “RETECH: Redes territoriais de especialización tecnolóxica”, á que se presentaron 16 iniciativas coa participación de ao menos dúas comunidades autónomas, promovendo ademáis a participación doutros axentes de cada territorio, como centros tecnolóxicos ou universidades. Destas, seleccionáronse 11 proxectos que se encontran nun momento máis avanzado de maduración con impacto e implantación en todas as comunidades autónomas. Oito deles están vinculados a temáticas de RETECH, como a Intelixencia Artificial, o emprendemento dixital e a tecnoloxía con impacto social, e os tres restantes ligados específicamente a impulsar e fortalecer o ecosistema nacional de ciberseguridde, iniciativas lideradas por INCIBE. O lanzamento da segunda fase do programa producirase nas próximas semanas co seguinte grupo de proxectos seleccionados para construir unha rede territorial de proxectos de especialización tecnolóxica e de cooperación interrexional. Dos 11 proxectos seleccionados, Galicia participa na Optimización das cadeas de valor en sectores estratéxicos da economía. Fomento do uso da intelixencia artificial na industria. Ademáis tamén participa no proxecto de aceleración de ecosistemas de emprendemento e innovación basados en Xemelgos Dixitais. Aceleración de ecosistemas de clústeres de empresas especializadas en IA, especialmente startups e pymes. Por último participa no proxecto de Espacio de datos de Ciberseguridade do Centro de Competencia en ciencias das súde, Smart Transportation industria conectada e excelencia operativa.