Estás en:
O Goberno aproba a ampliación de prazo e de orzamento para proxectos de reactivación das comarcas mineiras
O Goberno aproba a ampliación de prazo e de orzamento para proxectos de reactivación das comarcas mineiras
O Consello de Ministros, a petición do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), aprobou alongar o prazo e ampliar o orzamento para os convenios de comarcas mineiras cuxa execución se retrasou ou é inviable polo incremento de custos rexistrado pola pandemia e a guerra en Ucrania. O acordo permitirá executar 22 proxectos das comunidades autónomas beneficiarias (Asturias, Castilla y León e Aragón) e de concellos mineiros que non poderían finalizarse sen esta modificación normativa. En resposta á petición de concellos e comunidades autónomas en relación á ampliación dos prazos e dotacións para a execución destos proxectos, o Goberno aprobou a modificación do Real Decreto 675/2014. Esta modificación recolle que aqueles expedientes que conten coa debida xustificación poderán acceder a un incremento máximo dun 50% na dotación asignada a cargo do PRTR e que terán de prazo para executarse ata xaneiro de 2026.