Estás en:
O Goberno aproba a distribución de 90 millóns para políticas de Reto Demográfico dentro do Plan de Recuperación
O Goberno aproba a distribución de 90 millóns para políticas de Reto Demográfico dentro do Plan de Recuperación
O Consello de Ministros, a petición do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITEC) aprobou a distribución ás comunidades autónomas de 89 millóns de euros para os programas de Capacitación dixital e do Fondo de cohesión territorial, dotados con 69 millóns e 20,2 millóns, respectivamente. As axudas para financiar actuacións de Capacitación dixital da ciudadanía, con cargo ó Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) conta cunha dotación de 90 millóns. O Goberno aprobou este martes o reparto de 69 millóns ás comunidades autónomas, mentres que os restantes 21 millóns xestionaráos o MITECO máis adiante, dun modo centralizado, por medio da Secretaría Xeral de Reto Demográfico. Este programa do PRTR ten como finalidade garantir a inclusión dixital da ciudadanía, con especial atención ás zonas en declive demográfico e espérase que proporcione formación a case 300.000 persoas. A súa distribución diseñouse xunto coas comunidades autónomas en Comisión Sectorial e atenderá a criterios de densidade de poboación, económicos e sociais.