Atrás

O Goberno aproba o marco para mobilizar 40.000 millóns de euros en préstamos do Plan de Recuperación

Atrás
27/02/2024

O Goberno aproba o marco para mobilizar 40.000 millóns de euros en préstamos do Plan de Recuperación

O Consello de Ministros aprobou o acordo que establece as condicións xerais para a execución de cinco facilidades con cargo aos préstamos da adenda ao Plan de Recuperación, por un importe de 40.000 millóns de euros, e instrúese ao Instituto de Crédito Oficial (ICO) para a súa xestión. Ponse así en marcha a segunda fase do Plan de Recuperación, coa canalización de case a metade dos préstamos da adenda, que permitirá completar o proceso de transformación e modernización do tecido produtivo e da economía española. Os préstamos permitirán manter o forte ritmo de investimento e proporcionarán unha rede de seguridade para financiar investimentos privados e públicos nas mellores condicións financeiras nos próximos anos. As cinco facilidades aprobadas destinaranse a financiar proxectos de investimento que favorezan a dobre transición verde e dixital das empresas, reforzando así a súa competitividade. Así mesmo, poranse en marcha facilidades específicas para impulsar o sector audiovisual e as tecnoloxías disruptivas, así como para incrementar o parque de vivenda social . En concretpública en aluguer. O novo marco supón a posta en marcha das facilidades: ICO-Verde, ICO-Empresas e Emprendedores, ICO-Vivenda, ICO- Audiovisual Hub e Fondo Next Tech. O ICO asinará convenios cos Ministerios correspondentes, nos que detallaránse as características específicas de cada facilidade. As facilidades destinaranse ao financiamento de proxectos de investimento e articularanse a través de diferentes instrumentos financeiros, como liñas de préstamo a través de entidades financeiras (liñas de mediación), préstamos directos a empresas por parte do ICO, adquisición por este de bonos e investimentos en capital ou cuasi capital. Para esta segunda fase do Plan de Recuperación terá especial relevancia a colaboración con entidades financeiras privadas, cuxa capilaridade permitirá chegar a pemes e empresas de todos os tamaños e sectores de actividade dende calquera punto de España. Cómpre sinalar que, nestas liñas de mediación, porase a disposición ata o 100% do financiamento de proxectos empresariais, en condicións financieiras vantaxosas e con longos prazos de amortización. Os préstamos xestionados polo ICO poderán formalizarse ata agosto de 2026, aínda que as amortizacións poderán seguir reinvestindo ata 2036, ampliando así o alcance dos fondos e a súa capacidade para financiar novos proxectos de investimento.