Atrás

O Goberno autoriza o reparto territorial de 84,8 millóns do Plan de Recuperación para programas agrícolas e gandeiros

Atrás
25/04/2023

O Goberno autoriza o reparto territorial de 84,8 millóns do Plan de Recuperación para programas agrícolas e gandeiros

O Consello de Ministros, á proposta do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), acordou autorizar a distribución territorial entre as comunidades autónomas de dous paquetes de fondos por un importe total de 104.051.617,62 euros para distintos programas de actuación en materia agrícola e gandeira. O primeiro deles suma un importe de 84.849.547,80 euros para a concesión de axudas que se enmarcan dentro do Compoñente 3 do Plan Nacional de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), que xestiona o MAPA. A segunda partida ascende a 19.202.069,82 euros destinados a programas nacionais de sanidade animal e vexetal. Galicia obtivo un total de 2.059.547,80 € repartido en 810.772 € para levar a cabo inversión en bioseguridade en sanidade vexetal e animal; 959.345 € para os programas estatais de erradicación de enfermedades dos animais; e 289.183 € para a liña de prevención e loita contra pragas.