Atrás

O Goberno concede máis de 75 millóns de € en axudas a entidades públicas e privadas para impulsar os espazos de datos sectoriais

Atrás
20/12/2024

O Goberno concede máis de 75 millóns de € en axudas a entidades públicas e privadas para impulsar os espazos de datos sectoriais

O Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública publicou a resolución de concesión de axudas para a creación de Espazos de Datos Sectoriais. Aprobáronse 78 proxectos innovadores cunha inversión de máis de 75 millóns de euros, que mobilizarán case 122 millóns de euros incluíndo as achegas dos beneficiarios.

Estas iniciativas, distribuídas en sectores clave como a saúde, a agroalimentación e a mobilidade sostible, buscan mellorar a produtividade, competitividade e eficiencia mediante a compartición de datos entre fabricantes, investigadores e provedores de infraestrutura. Os proxectos permitirán extraer valor dos datos, potenciando a toma de decisións informadas, a innovación tecnolóxica e a optimización de recursos.

Do total de axudas, o 63% dos proxectos seleccionados foron presentados por entidades privadas, que recibirán o 42% da subvención total. O 37% dos proxectos foron promovidos por entidades públicas, que recibirán o 58% do importe total. En canto á súa distribución por sector, as iniciativas financiadas distribúense do seguinte xeito:

Sector

Nº de iniciativas

Importe axuda (€)

Saúde

20

31.931.411

Agroalimentación

16

12.863.011

Mobilidade Sostible

16

14.490.490

Industria

8

4.573.077

Outros

9

6.274.998

Economía social e dos coidados

6

3.271.786

Comercio

3

2.017.372

TOTAL

78

75.422.146

 

No que respecta a Galicia, a CCAA recibiu un total de 7.486.115 € (un 9,92% do total), que se distribúen da seguinte maneira:

Beneficiario

Proxecto

Importe axuda (€)

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

Demostrador Multisectorial DATALife

3.077.058

Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur

GIFT (Gastroenterology Interface with Fair Treatment)

505.159

Universidade de Vigo

CeliaSpace: Caso de uso de datos de asistentes conversacionais para a avaliación da saúde

367.643

Fundación Pública Gallega de Investigación Biomédica Galicia Sur

BRILLIANT (Observatorio de Sarcopenia)

626.108

Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur

AidDataMed

487.826

NM IoT S.L.

Moirai Data

324.105

Inverbis Analytics S.L.

Salusbench

432.472

Hermasa Canning Technology

Hermasa Smart Tuna Hub

394.005

SGS Tecnos S.A.

Ecosistema de trazabilidade de produtos e procesos sostibles no sector textil

526.624

Fundación Vithas

Potenciando a saúde a través dos datos: desenvolvemento de espazo de datos da Fundación Vithas como Centro Demostrador no sector saúde

745.115

TOTAL

7.486.115