Atrás

O Goberno destina 450 M€ á execución do proxecto de hidróxeno circular de Arcelor en Asturias

Atrás
04/04/2023

O Goberno destina 450 M€ á execución do proxecto de hidróxeno circular de Arcelor en Asturias

O Consello de Ministros do 5 de abril aprobou o Real Decreto polo que se regula a concesión directa de 450 millóns de euros para a execución do proxecto de hidróxeno circular de Arcelor en Asturias. Esta axuda enmárcase dentro do PERTE de Descarbonización, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Este proxecto permitirá á compañía producir “acero verde” mediante a utilización de hidróxeno producido con enerxías renovables. ArcelorMittal non só contribuirá á descarbonización da súa actividade, senón que permitirá acelerar a descarbonización das industrias auxiliares e outros sectores de actuvidade.

Esta subvención ten carácter singular na medida en que a adopción do uso do hidróxeno de orixe renovable a escala industrial é inexistente, sen que existan precedentes en España, e só hai unha empresa candidata para facelo a gran escala. Esto imposibilita a convocatoria mediante concurrencia competitiva. O plan de Arcelor recolle medidas para mellorar a súa competitividade a través de novas inversión, como o novo forno eléctrico na planta de Gijón, unha planta de reduccio´n directa do mineral de ferro (DRI) con hidróxeno verde nesa mesma instalación e a posibilidade dun novo forno eléctrico en Avilés. Ademáis, a compañía participa no proxecto HyDeal que permitirá convertir á Cornisa Cantábrica no hub de hidróxeno verde máis importante do mundo.