Estás en:
Atrás
O Goberno invirte 48,8 millóns de euros en 48 proxectos para que España lidere a investigación e o desenvolvemento do 6G
Atrás
01/06/2023
O Goberno invirte 48,8 millóns de euros en 48 proxectos para que España lidere a investigación e o desenvolvemento do 6G
O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, publicou a resolución definitiva da convocatoria do programa UNICO I+D 6G 2022, pola que se destinarán 48,4 millóns de euros de fondos europeos Next Generation EU do Plan de Recuperacio´n a 48 proxectos destinados a fortalecer o ecosistema de investigación en torno á próxima xeración de tecnoloxía móbil. En pleno proceso de modernización e transformación dixital, acelerado polos fondos Next Generation EU e o Plan de Recuperación, estas subvencións inciden na aposta do Goberno pola inversión en I+D+i para que España desempeñe un papel protagonista no despregue da tecnoloxía 6G. A Comisión de Avaliación da convocatoria UNICO I+D 6G 2022 – formada por membros da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, entre outros – estimou 48 dos 53 proxectos presentados. Con dúas liñas de investimento público diferenciadas, as subvencións adxudicáronse a proxectos dirixidos a financiar Infraestruturas e equipamento científico-técnico de universidades e centros de investigación, e a promover o desenvolvemento de proxectos de I+D de compañías españolas nun grado de madurez media. En concreto, concedéronse 35,8 millóns de euros aos proxectos de universidades e centros de investigación para o financiamento de Infraestruturas de investigación das tecnoloxías 5G+ e 6G e adquisición de equipamento científico-técnico e case 13 millóns ás iniciativas empresariais de I+D na tecnoloxía 5G+. Entre os beneficiarios hai oito entidades galegas, que obtiveron un total de 7.406.429 €, o que representa un 15,17% sobre o total concedido. Entre as entidades galegas destaca a Universidade de Vigo que obtivo 4.717.049 € para a execución de tres proxectos.