Atrás

O Goberno lanza 32 cátedras universidad-empresa en Intelixencia Artificial e ciberseguridade

Atrás
14/11/2022

O Goberno lanza 32 cátedras universidad-empresa en Intelixencia Artificial e ciberseguridade

O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, lanza unha convocatoria para financiar cátedras universitarias dedicadas á investigación, divulgación, docencia e innovación sobre Intelixencia Artificial (IA) e ciberseguridade. A convocatoria en materia de IA ten como obxectivo a creación dun conxunto de cátedras adscritas a universidades, coa fin de desenvolver a aplicación desta tecnoloxía. O programa promove o desenvolvemento da investigación científica no ámbito da IA desde unha perspectiva multidisciplinar, e o desenvolvemento de Proxectos de investigación que despois poidan ser transferidos á industria. Se prevé favorecer a transferencia de coñecemento entre as universidades e as empresas a nivel transversal en campos que van desde a saúde, a sostenibilidade, os dereitos ou a economía do dato. Este programa de Cátedras está enmaracado na Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial (ENIA), que ten como fin “promover o desenvolvemento de capacidades dixitais, potenciar o talento nacional e atraer talento global” relacionado con esta tecnoloxía. Os Proxectos para estas iniciativas podrán presentarse durante 2023 – o mes aínda está por determinar- e terán unha duración máxima de catro anos. Para optar ao programa, deberán entregar un convenio administrativo ou documento xustificativo entre a universidade beneficiaria e as entidades que forman a cátedra, entre as cales deberá figurar ao menos unha empresa. As cátedras Internacionais deberán presentarse ao menos cunha entidade extranxeira de renome, que terá que ser unha universidade ou unha empresa. O programa de IA movilizará 22,4 millóns de euros en total durante catro anos. O importe máximo da axuda será de 1,2 millóns de euros no caso de cátedras nacionais e de 1,6 millóns de euros no caso de cátedras Internacionais. A aportación ascende a 300.000 euros por ano no caso das nacionais ee 400.000 no caso das Internacionais.

Pola súa parte, o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), a través tamén da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, lanza unha invitación pública para desenvolver 16 cátedras de investigación en ciberseguridade, co mesmo orzamento que as Cátedras ENIA universidade-empresa, 22,4 millóns de euros. Os Proxectos para estas iniciativas poderán presentarse ata o mes de decembro de 2023, e terán unha duración máxima de catro anos. As Cátedras Ciber dividiranse en cátedras nacionais, cunha aportación de ata 1,2 millóns de euros, e cátedras Internacionais, con ata 1,6 millóns de euros de aportación en total. Todas las deberán realizar a súa actividade en España, combinando o carácter presencial e virtual, e requerirán de cofinanciamento por parte das universidades seleccionadas do 25% do importe do desenvolvemento de cada cátedra. Neste caso, tamén a aportación ascende a 300.000 euros por ano para as cátedras nacionais e 400.000 para as Internacionais. O desenvolvemento das cátedras de IA e de ciberseguridade enmárcase na axenda España Dixital 2026, na Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial, así como no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.