Estás en:
Atrás
O Goberno lanza a consulta pública sobre zonas elixibles para as axudas de conectividade ultrarrápida en 2023
Atrás
24/05/2023
O Goberno lanza a consulta pública sobre zonas elixibles para as axudas de conectividade ultrarrápida en 2023
O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación dixital, a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, lanzou a consulta pública sobre as novas bases que regulan a concesión de axudas do programa UNICO Banda Ancha e a identificación preliminar das zonas que non disponen de cobertura de banda ancha de ao menos 100 Mbps (de velocidade de descarga). Un dos obxectivos da consulta, aberta ós axentes interesados como operadores, a CNMC e as Administracións Públicas, é delimitar as zonas elixibles para desenvolver proxectos susceptibles de recibir as axudas UNICO Banda Ancha 2023 que permitirán conectar novos fogares e empresas en todo o territorio nacional. A consulta permanecerá aberta ata o 22 de xuño e pódese consultar na web do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.