Atrás

O Goberno lanza as axudas do Plan de Recuperación para garantir o acceso á banda ancha no ámbito rural a 35€ mensuais

Atrás
18/11/2022

O Goberno lanza as axudas do Plan de Recuperación para garantir o acceso á banda ancha no ámbito rural a 35€ mensuais

A convocatoria de axudas busca garantir ao 100% da poboación e en todo o territorio nacional a conectividade de banda ancha de ao menos 100 Mbps en sentido descendente coa fin de pechar a fenda dixital nas zonas rurais, de Baixa densidade de poboación, dispersas e remotas. As bases que regulan as axudas UNICO Demanda Rural publicadas no Boletín Oficial do Estado (BOE), especifican que este programa se dirixe ademáis a garantir que esa conectividade de 100 Mbps sexa a unhas tarifas asquibles, para que os habitantes destas zonas poidan contratar servizos de banda ancha a 35€ ó mes. O programa contempla tamén a subvención do 100% dos costes asociados á alta desas suscripcións ata un máximo de 600 euros por cliente. A convocatoria do programa UNICO Demanda Rural está dotada dun orzamnto de 84,8 millóns de euros, financiados cos fondos Next Generation EU no marco do PRTR. Pódense presentar a esta convocatoria os operadores ou agrupacións de empresas nas que ao menos un integrante sexa un operador. As axudas están diseñadas en torno a dous niveis de actuación, maiorista e minorista, dentro de cada un dos 4 lotes, se ben cada lote será canalizado por un único beneficiario.